O Diario de Pontevedra vén de concederlle a Kalandraka o Premio Pontevedreses 2012 na categoría de empresa. Moitas grazas ao xurado pola súa confianza na editorial dos Libros para Soñar. Noraboa aos demais galardoados: Fundación Meniños (labor social), Xosé Fortes (cultura), Sociedade Deportiva Teucro (deporte), XaTcobeo (investigación) e Alfonso Zulueta de Haz (premio de honra).