O equipo de animación á lectura de KALANDRAKA vai colaborar coa Galería Sargadelos de Ferrol na campaña "Educar para ler", unha iniciativa para rapaces de cero a oito anos da bisbarra de Ferrolterra. As actividades realizaranse a partir do día 25 de outubro en dúas quendas de 11 a 13 horas e continuarán o primeiro sábado de cada mes. KALANDRAKA vai inaugurar o calendario...
-----------------------
El equipo de animación a la lectura de KALANDRAKA va a colaborar con la Galería Sargadelos de Ferrol en la campaña "Educar para leer", una iniciativa dirigida a niños de cero a ocho años de la comarca de Ferrolterra. Las actividades se realizarán a partir del día 25 de octubre en dos turnos de 11 a 13 horas y continuarán el primer sábado de cada mes. KALANDRAKA va a inaugurar el calendario...


...cunha sesión especial de contos e música na que se van repasar algúns relatos da tradición popular, dende "O coelliño branco", ata "A verdadeira historia de Carapuchiña", pasando por "Os tres osos".

Trátase dunha campaña gratuita e en galego para grupos de 25 nenos en cada quenda, que han de acudir acompañados de pai, nai ou titor. Cada participante poderá acceder ao carné de lector que lle expedirá a Galería Sargadelos de Ferrol e que, entre outras vantaxes, ofreceralle ao seu titular descontos do 5% na compra de libros. A inscrición estará aberta ata o día 22 deste mes.

KALANDRAKA volverá participar -xa en pleno Nadal- o vindeiro 3 de xaneiro de 2009, cunha nova sesión de contacontos. Outros convidados das xornadas serán o dúo de humoristas gráficos Pinto&Chinto (8 de novembro), a escritora Yolanda Castaño e o artista Eduardo Hermida (6 de decembro), o escritor Antonio Yáñez e a animadora cultural María Yáñez (7 de febreiro), a editorial Galaxia (7 de marzo). Tamén asistirán a escritora e actriz Paula Carballeira, os artistas Luis Rapela e Spela Trobec, e a autora Rosa Aneiros.

-----------------------------------------------------------------------

...con una sesión especial de cuentos y música en la que se van a repasar algunos de los relatos de la tradición popular, desde "El pequeño conejo blanco", hasta "La verdadera historia de Caperucita", pasando por "Los tres osos".

Se trata de una campaña gratuita y en gallego para grupos de 25 niños en cada turno, que deben acudir acompañados de su madre, padre o tutor. Cada participante podrá acceder al carnét de lector que le expedirá la Galería Sargadelos de Ferrol y que, entre otras ventajas, le ofrecerá a su titular descuentos del 5% en la compra de libros. La inscripción estará abierta hasta el día 22 de este mes.

KALANDRAKA volverá a participar -ya en plena Navidad- el próximo 3 de enero de 2009, con una nueva sesión de cuentacuentos. Otros convidados de las jornadas serán el dúo de humoristas gráficos Pinto&Chinto (8 de noviembre), la escritora Yolanda Castaño y el artista Eduardo Hermida (6 de diciembre), el escritor Antonio Yáñez y la animadora cultural María Yáñez (7 de febrero), la editorial Galaxia (7 de marzo). También asistirán la escritora y actriz Paula Carballeira, los artistas Luis Rapela y Spela Trobec, y la autora Rosa Aneiros.