2 de abril, Día Internacional de la Literatura Infantil y Juvenil. KALANDRAKA cumple 12 años. Cada aniversario es especial. Miramos al futuro con los pies en el presente y el recuerdo en el pasado...

----------------------------

2 de abril, Día Internacional da Literatura Infantil e Xuvenil. KALANDRAKA cumpre 12 anos. Cada aniversario é especial. Vemos o futuro cos pés no presente e o recordo no pasado...

...Entre aquellos primeros álbumes, “El pequeño conejo blanco”, de Xosé Ballesteros y Óscar Villán (Premio Nacional de Ilustración), se ha convertido en un emblema de los Libros para Soñar. Este mes de abril salen nuevas hornadas de este cuento tradicional, en castellano, gallego y portugués.

Vuelve otro clásico: la edición en gallego de “Gramática da Fantasía”, de Gianni Rodari, renovado con la portada de Pablo Otero. Se cumplen 90 años del nacimiento del autor italiano, gran renovador de la pedagogía moderna, y su obra será uno de los referentes literarios de la X Campaña de Animación a la Lectura del Ayuntamiento de Santiago, organizada por el Departamento de Educación y desarrollada por KALANDRAKA. Su lema es “Un gran sueño”, en homenaje a la obra galardonada con el II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. El 6 de abril conoceremos su sucesora: ese día se reúne en Santiago un jurado de prestigio para decidir cuál es la ganadora de la tercera edición del certamen, entre 498 aspirantes.

En este mes especial del libro y la lectura, el catálogo de KALANDRAKA le da la bienvenida a nuevos títulos para lectores pequeños, medianos y grandes: “Los cuatro amigos”, editado en castellano, galego y portugués, es una traducción del cuento de los hermanos Grimm, con imágenes de Gabriel Pacheco, que ya contaba con otros dos trabajos de ilustración en KALANDRAKA,“El pollito de la avellaneda” y “El hombre de agua”.

La casa”, editado en castellano y portugués, es un álbum maravilloso en el que Patrick Lewis relata poéticamente la evolución de un hogar a lo largo del siglo XX; una historia que se complementa a la perfección con las ilustraciones hiperrealistas de Roberto Innocenti, del que también destacan otros títulos de igual belleza como “La historia de Erika” o “Las aventuras de Pinocho”.

Y la colección SieteLeguas se refuerza con la edición en castellano, gallego y portugués de “Diógenes”, de Pablo Albo, que con esta obra ganó el Premio Lazarillo de Creación Literaria, y Pablo Auladell, que ya había ilustrado “La casita de chocolate”. Un libro para lectores a partir de 10 años, sobre una familia peculiar, con la que acercarnos de forma sensible a una compleja realidad social.

Gracias por leer con nosotros.

------------------------------------

...Entre aqueles primeiros álbums, “O coelliño branco”, de Xosé Ballesteros e Óscar Villán (Premio Nacional de Ilustración), converteuse nun emblema dos Libros para Soñar. Este mes de abril saen novas fornadas deste conto tradicional, en castelán, galego e portugués.

Volve outro clásico: a edición en galego de “Gramática da Fantasía”, de Gianni Rodari, renovado coa portada de Pablo Otero. Cúmprense 90 anos do nacemento do autor italiano, gran renovador da pedagoxía moderna, e a súa obra será un dos referentes literarios da X Campaña de Animación á Lectura do Concello de Santiago, organizada polo Departamento de Educación e desenvolvida por KALANDRAKA. O seu lema é “Un gran soño”, en homenaxe á obra galardoada co II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. O 6 de abril coñecesare a súa sucesora: ese día reúnese en Santiago un xurado de prestixio para decidir cal é a gañadora da terceira edición do certame, entre 498 aspirantes.

Neste mes especial do libro e da lectura, o catálogo de KALANDRAKA dálle a benvida a novos títulos para lectores pequenos, medianos e grandes: “Os catro amigos”, editado en castelán, galego e portugués, é unha tradución do conto dos irmáns Grimm, con imaxes de Gabriel Pacheco, que xa contaba con outros dous traballos de ilustración en KALANDRAKA,“O poliño da abeleira” e “O home de auga”.

“La casa”, editado en castelán e portugués, é un álbum marabilloso no que Patrick Lewis relata poeticamente a evolución dun fogar ao longo do século XX; unha historia que se complementa á perfección coas ilustracións hiperrealistas de Roberto Innocenti, do que tamén destacan outros títulos de igual beleza como “A historia de Erika” ou “As aventuras de Pinocho”.

E a colección SeteLeguas refórzase coa edición en castelán, galego e portugués de “Dióxenes”, de Pablo Albo, que con esta obra gañou o Premio Lazarillo de Creación Literaria, e Pablo Auladell, que xa ilustrara “A casiña de chocolate”. Un libro para lectores a partir de 10 anos, sobre unha familia peculiar, coa que achegarnos de forma sensible a unha complexa realidade social.

Grazas por ler connosco.