Este próximo lunes 28 de febrero finaliza el plazo de presentación de obras al IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado que organizan el Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago y KALANDRAKA. No se admitirán aquellos trabajos cuyo sello postal de envío sea posterior a esa fecha. La dirección a la que hay que enviar los proyectos es:

IV Premio Internacional COMPOSTELA de Álbum Ilustrado. Registro General del Ayuntamiento de Santiago: Calle del Presidente Salvador Allende, nº 4. 15705 Santiago de Compostela. A Coruña.

Para información de los autores/as e ilustradores/as interesados en participar, anotamos a continuación algunas consideraciones sobre las preguntas más frecuentes que se vienen planteando a la organización.

- Un mismo participante puede presentar más de un proyecto, con la condición de que sea de manera individual, bajo pseudónimos y lemas diferentes, para preservar la cadena de confidencialidad.

- En el caso de las ilustraciones realizadas con técnica digital, se considerará como “original”, para su envío, una impresión a la mayor resolución posible y en el soporte-papel que mejor refleje el resultado final de la obra. Recordamos que el material requerido son tres ilustraciones originales, cinco fotocopias normales en color de cada una de ellas y cinco copias del texto del álbum.

- Las bases también solicitan el envío de una maqueta acabada del proyecto que se presenta. Entendemos por maqueta un prototipo del proyecto de libro; mejor cuanto más definida y completa, para que los miembros del jurado dispongan del mayor número posible de elementos para valorar la obra en su conjunto.

Las bases completas se pueden descargar en la página web de inicio de KALANDRAKA: beta.kalandraka.com. Suerte a todos/as los participantes y gracias por su interés en este certamen, que cada año consolida más su poder de convocatoria: a la primera edición se presentaron 266 trabajos; a la segunda optaron 346 originales y en la tercera de 2010 entraron a concurso un total de 519, procedentes de 22 países. Para resolver cualquier otra duda, las direcciones de correo de contacto son editora@kalandraka.com y dptoeducacion@santiagodecompostela.org.

----------------------------------------------------

Este vindeiro luns 28 de febreiro remata o prazo de presentación de obras ao IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA. Non se admitirán aqueles traballos cuxo selo postal de envío sexa posterior a esa data. O enderezo ao que hai que enviar os proxectos é:

IV Premio Internacional COMPOSTELA de Álbum Ilustrado. Rexistro Xeral do Concello de Santiago: Rúa do Presidente Salvador Allende, nº 4. 15705 Santiago de Compostela. A Coruña.

Para información dos autores/as e ilustradores/as interesados en participar, anotamos a continuación algunhas consideracións sobre as preguntas máis frecuentes que se lle veñen formulando á organización.

- Un mesmo participante pode presentar máis dun proxecto, coa condición de que sexa de maneira individual, baixo pseudónimos e lemas diferentes, para preservar a cadea de confidencialidade.

- No caso das ilustracións realizadas con técnica dixital, considerarase como “orixinal”, para o seu envío, unha impresión á maior resolución posible e no soporte-papel que mellor reflicta o resultado final da obra. Lembramos que o material requerido son tres ilustracións orixinales, cinco fotocopias normais en cor de cada unha delas e cinco copias do texto do álbum.

- As bases tamén solicitan o envío dunha maqueta acabada do proxecto que se presenta. Entendemos por maqueta un prototipo do proxecto de libro; mellor canto máis definida e completa estea, para que os membros do xurado dispoñan do maior número posible de elementos para valorar a obra no seu conxunto.

As bases completas pódense descargar na páxina web de inicio de KALANDRAKA: beta.kalandraka.com. Sorte a todos/as os participantes e grazas polo seu interese neste certame, que cada ano vén consolidando máis o seu poder de convocatoria: á primeira edición presentáronse 266 traballos; á segunda optaron 346 orixinales e na tercera de 2010 entraron a concurso un total de 519, procedentes de 22 países. Para resolver calquera outra dúbida, os enderezos de correo electrónico de contacto son editora@kalandraka.com e dptoeducacion@santiagodecompostela.org.