Exposicións de Kiko Dasilva e Belén Padrón

Os artistas plásticos Belén Padrón e Kiko Dasilva coinciden este mes en Vigo, onde participan en senllas exposicións de ilustración. Ata o 20 de xaneiro pódese contemplar na Galería Metro de Arte Contemporánea (López de Neira 3, local 12, Edificio Porta Príncipe) a mostra titulada "Quimeras y pasiones", na que a obra de Belén Padrón comparte espazo coa doutros cinco creadores. Kiko Dasilva celebra os seus dez anos de traxectoria cunha exposición que reúne unha selección dos seus traballos, que se pode visitar na Galería Chroma (Avda. Florida 34, baixo) ata o 23 de xaneiro.
---------------------------------------------
Los artistas plásticos Belén Padrón y Kiko Dasilva coinciden este mes en Vigo, donde participan en sendas exposiciones de ilustración. Hasta el 20 de enero se puede contemplar en la Galería Metro de Arte Contemporánea (López de Neira, 3, local 12, Edificio Puerta Príncipe) la muestra titulada "Quimeras y pasiones", en la que la obra de Belén Padrón comparte espacio con la de otros cinco creadores. Kiko Dasilva celebra sus diez anos de trayectoria con una exposición que reúne una selección de sus trabajos, que se puede visitar en la Galería Chroma (Avda. Florida 34, baixo) hasta el 23 de enero de 2009.

Belén Padrón forma parte dunha exposición colectiva na que tamén son protagonistas Pablo Huertas, Cris Carvalho, Lito Portela, Armindo Salgueiro e Misha Bies Golas, algún dos cales expón por primeira vez a súa obra. O fetichismo e o desexo son o fío temático desta mostra que, lonxe de definir tales conceptos, aposta por un achegamento "a esa especie de crenza, exhibición conductual ou institución" que ten os seus alicerces na mesma natureza humana. Así nos invita a galería: "A devoción a figuras relixiosas ou pagás, a proxección do desexo cara aos obxectos, ou as conductas rituais ou rutinarias que demostran dedicación en tanto que idolatría, son algunhas das lecturas que atopamos nas obras expostas". A Galería Metro pertence á Asociación Profesional de Galerías de Arte de Galicia.

Obras expostas en "Quimeras y pasiones"

Belén Padrón (Oviedo, 1976) amosa unha imaxe caleidoscópica, un auténtico mandala espiritual, un espazo sagrado onde descansar do mundo, que nos suxire unha idea de perfección. "As liñas delicadamente trazadas por Belén Padrón", describe Régulo Hernández a propósito da súa obra, "nos remiten unha vez máis aos xestos de devoción dun mantra, dunha salmodia que nos fala dunha feliz entrega". A artista ilustrou a obra "Rosalía de Castro. Escolma poética", da colección Trece Lúas de FAKTORÍA K.

Kiko Dasilva cos dioramas de "Rato de campo e rato de cidade"

Kiko Dasilva exhibe na Galería Chroma "Arte de libro", onde se poden admirar os dioramas e as ilustracións de obras como "Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis". O horario de visita é de 17 a 20:30 horas de luns a venres e de 10:00 a 13:00 horas os sábados.

---------------------------------------------------------------------------------

Belén Padrón forma parte de una exposición colectiva en la que también son protagonistas Pablo Huertas, Cris Carvalho, Lito Portela, Armindo Salgueiro y Misha Bies Golas, alguno de los cuales expone por primera vez su obra. El fetichismo y el deseo son el hilo temático de esta muestra que, lejos de definir tales conceptos, apuesta por un acercamiento "a esa especie de creencia, exhibición conductual o institución" que tiene sus cimientos en la misma naturaleza humana. Así nos invita la galería: "La devoción a figuras religiosas o paganas, la proyección del deseo hacia los objetos, o las conductas rituales o rutinarias que demuestran dedicación en tanto que idolatría, son algunas de las lecturas que encontramos en las obras expuestas". La Galería Metro pertenece a la Asociación Profesional de Galerías de Arte de Galicia.

Belén Padrón (Oviedo, 1976) muestra una imagen caleidoscópica, un auténtico mandala espiritual, un espacio sagrado donde descansar del mundo, que nos sugiere una idea de perfección. "Las líneas delicadamente trazadas por Belén Padrón", describe Régulo Hernández a propósito de su obra, "nos remiten una vez más a los gestos de devoción de un mantra, de una salmodia que nos habla de una feliz entrega". La artista ilustró la obra "Rosalía de Castro. Escolma Poética", de la colección Trece Lúas de FAKTORÍA K.

Kiko Dasilva exhibe en la Galería Chroma "Arte de libro", donde se pueden admirar los dioramas e ilustraciones de obras como "Cuando Matías tuvo ganas de hacer pis en la Noche de Reyes". El horario de visita es de 17 a 20:30 horas de lunes a viernes y de 10:00 a 13:00 horas los sábados.