II Premio Internacional Compostela

El II Premio Internacional Compostela para Álbumes Ilustrados ya está oficialmente convocado. Consulta la página de inicio de KALANDRAKA, donde se pueden descargar las bases, y la sección de noticias de la web. A continuación, la nota informativa e imágenes de la rueda de prensa celebrada en el Ayuntamiento de Santiago.
-----------------------------
O II Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados xa está oficialmente convocado. Consulta a páxina de inicio de KALANDRAKA, onde se poden descargar as bases, e a sección de noticias da web. A continuación, a nota informativa completa e imaxes da rolda de prensa celebrada no Concello de Santiago.

El Departamento de EDUCACIÓN del AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO y KALANDRAKA convocan el II Premio Internacional ‘COMPOSTELA’ para Álbumes Ilustrados, con una dotación económica de 12.000 euros en concepto de adelanto por los derechos de autor. El plazo de presentación de los trabajos finaliza el 28 de febrero y el fallo del jurado se dará a conocer el 2 de abril de 2009, coincidiendo con el Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil, y en el marco de las actividades de la IX Campaña de Animación a la Lectura que organizan el AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO y KALANDRAKA.

 

Xosé Ballesteros, director de Kalandraka, Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago, e Guadalupe Rodríguez, concejal de Educación

 

Tras el éxito de la primera convocatoria, a la que se presentaron más de 300 obras de varios países, entre las que resultó ganadora la argentina Natalia Colombo, con el álbum titulado “Cerca”, del que se llegaron a editar 20.000 ejemplares en siete lenguas, el II Premio Compostela vuelve a dirigirse a autores e ilustradores de cualquier nacionalidad. Las bases establecen que KALANDRAKA publicará la obra premiada en las cinco lenguas oficiales peninsulares -castellano, gallego, catalán, euskera y portugués- en diciembre de 2009.

 

Las condiciones de participación se pueden consultar en las páginas web de KALANDRAKA (beta.kalandraka.com) y del AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO (www.santiagodecompostela.org). Las personas interesadas en presentarse al certamen deberán enviar cinco copias del texto en cualquiera de las lenguas oficiales de la Península Ibérica, tres ilustraciones originales y cinco fotocopias en color de cada una de ellas, junto con una maqueta del diseño de la obra. El material, firmado bajo lema o pseudónimo, se hará llegar al Registro General del Ayuntamiento.

KALANDRAKA también podrá publicar los trabajos que reciban mención especial del jurado, que estará formado por personas de reconocido prestigio en el área de la literatura e ilustración infantil. En la primera convocatoria del concurso, además de la obra premiada, el jurado seleccionó otros siete proyectos que irán viendo la luz a lo largo del próximo año. Además de “Cerca”, también fue editado en castellano, gallego y catalán la obra finalista, titulada “La nube de Martín”, de Javier Sobrino y Rebeca Luciani.

La convocatoria de este certamen se sitúa en el marco de la CAMPAÑA DE ANIMACIÓN A LA LECTURA que el AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO y KALANDRAKA organizan anualmente en el mes de abril, y que en 2009 llegará a su novena edición. Las actividades programadas -sesiones de cuentos y música, talleres, actos en librerías, charlas para docentes y familias- llegan a unos 5.000 escolares de la comarca compostelana.

------------------------------------------------------------------------------

Bases en castellano

Bases en galego

Regulamento em portugués

Rules in English

------------------------------------------------------------------------------

 

O Departamento de EDUCACIÓN do CONCELLO DE SANTIAGO e KALANDRAKA convocan o II Premio Internacional ‘COMPOSTELA’ para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica de 12.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos remata o 28 de febreiro e o fallo do xurado darase a coñecer o 2 de abril de 2009, coincidindo co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e no marco das actividades da IX Campaña de Animación á Lectura que organizan o CONCELLO DE SANTIAGO e KALANDRAKA.

 

Xosé Ballesteros, director de Kalandraka, Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago, y Guadalupe Rodríguez, concejal de Educación

 

Tralo éxito da primeira convocatoria, á que se presentaron máis de 300 obras de varios países, entre as que resultou gañadora a arxentina Natalia Colombo, co álbum titulado “Cerca”, do que se chegaron a editar preto de 20.000 exemplares en sete linguas, o II Premio Compostela volve dirixirse a autores e ilustradores de calquera nacionalidade. As bases establecen que KALANDRAKA publicará a obra premiada nas cinco linguas oficiais peninsulares -galego, castelán, catalán, éuscaro e portugués- en decembro de 2009.

 

As condicións de participación pódense consultar nas páxinas web de KALANDRAKA (beta.kalandraka.com) e do CONCELLO DE SANTIAGO (www.santiagodecompostela.org). As persoas interesadas en presentarse ao certame deberán enviar cinco copias do texto en calquera das linguas oficiais da Península Ibérica, tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en color de cada unha delas, xunto cunha maqueta do deseño da obra. O material, asinado baixo lema ou pseudónimo, farase chegar ao Rexistro Xeral do Concello.

KALANDRAKA tamén poderá publicar os traballos que reciban mención especial do xurado, que estará formado por persoas de recoñecido prestixio na área da literatura e ilustración infantil. Na primeira convocatoria do concurso, ademais da obra premiada, o xurado seleccionou outros sete proxectos que irán vendo a luz ao longo do próximo ano. Ademais de “Cerca”, tamén foi editado en galego, castelán e catalán a obra finalista, titulada “A nube de Martín”, de Javier Sobrino e Rebeca Luciani.

A convocatoria deste certame sitúase no marco da CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA que o CONCELLO DE SANTIAGO e KALANDRAKA organizan anualmente no mes de abril, e que en 2009 acadará a súa novena edición. As actividades programadas -sesións de contos e música, obradoiros, actos nas librarías, charlas para docentes e familias- chegan a uns 5.000 escolares da bisbarra compostelá