Debuxou paraugas protectores e paraugas soñadores para os nenos e nenas que, como "Milu", están nunha etapa vital na que precisan protección e soños aos que aferrarse mentres medran. Debuxou paraugas voadores e solidarios para os maiores que poidan acudir a carón dos cativos que carecen dun entorno familiar que lles poida valer. Manuel Rivas implicouse con KALANDRAKA na causa proposta pola Fundación Meniños de axuda á infancia, e dese compromiso naceu un libro tenro e esperanzador. O autor visitou a caseta K na derradeira xornada da Feira do Libro de Madrid e agasallounos con palabras doces e suaves cargadas de sensibilidade.

Tamén contribuiron a poñerlle o broche de ouro a esta 69 Feira do Libro os autores de “El secreto del oso hormiguero” (I Premio Internacional Cidade de Orihuela de Poesía para Nenos), Beatriz Osés e Miguel Ángel Díez, e o autor de “Dióxenes” (Premio Lazarillo 2008), Pablo Albo, quen ademais asinou exemplares de “Melena”, editado no selo FAKTORÍA K.

-------------------------------------------

Dibujó paraguas protectores y paraguas soñadores para los niños y niñas que, como “Milu”, están en una etapa vital en la que necesitan protección y sueños a los que aferrarse mientras crecen. Dibujó paraguas voladores y solidarios para los mayores que puedan acudir al lado de quienes carecen de un entorno familiar que les pueda valer. Manuel Rivas se implicó con KALANDRAKA en la causa propuesta por la Fundación Meniños de ayuda a la infancia, y de ese compromiso nació un libro tierno y esperanzador. El autor visitó la caseta K en la última jornada de la Feria del Libro de Madrid y nos obsequió con palabras dulces cargadas de sensibilidad.

También contribuyeron a ponerle el broche de oro a esta 69 Feria los autores de “El secreto del oso hormiguero” (I Premio Internacional Ciudad de Orihuela de Poesía para Niños), Beatriz Osés y Miguel Ángel Díez, y el autor de “Diógenes” (Premio Lazarillo 2008), Pablo Albo, que además firmó ejemplares de “Melena”, editado en el sello FAKTORÍA K..

Manuel Rivas...

...Beatriz Osés & Miguel Ángel Díez

...Pablo Albo.