Pinto&Chinto achéganse mañá, martes día 2, á 40ª Feira do Libro da Coruña, que xa está aberta ao público nos Xardíns de Méndez Núñez ata o 10 de agosto. A partir das 20:30 horas, asinarán exemplares das súas obras. Os Libros para Soñar de KALANDRAKA atópanse na caseta número 36.

"COMPOSTELA", un caderno de viaxe de David Pintor.

"CONTOS PARA NENOS QUE DORMEN DESEGUIDA", un libro de microrrelatos ilustrados, de Pinto&Chinto, distinguido co Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil de 2010 pola Asociación Galega de Editores, e incluido na prestixiosa selección internacional The White Ravens 2011, pola Biblioteca Internacional da Xuventude de Munich.

"HÉRCULES E CRUNIA", un texto de José Antonio Abad ilustrado por David Pintor.

"TITO LONGUEIRÓN", un cómic infantil de Pinto&Chinto.