Exposición "Lendo máis Cerca" en Sargadelos-Santiago

A Galería Sargadelos (Rúa Nova, 16) acolle ata o 16 de maio a exposición "Lendo máis Cerca", con ilustracións de artistas nacionais e internacionais entre os que figuran o galego Pablo Otero, o suizo afincado en Galicia Marc Taeger, as arxentinas Natalia Colombo e Rebeca Luciani, e os portugueses Yara Kono e Gémeo Luis. A mostra enmárcase na IX Campaña Municipal de Animación á Lectura que organizan a Concellaría de Educación do Concello de Santiago e a editorial KALANDRAKA.

-----------------------------------------------------------

La Galería Sargadelos de Santiago acoge hasta el 16 de mayo la exposición "Lendo máis Cerca", con ilustraciones de artistas nacionales e internacionales entre los que figuran el gallego Pablo Otero, el suizo afincado en Galicia Marc Taeger, las argentinas Natalia Colombo y Rebeca Luciani, y los portugueses Yara Kono y Gémeo Luis. La muestra se enmarca en la IX Campaña Municipal de Animación a la Lectura que organizan la Concejalía de Educación del Ayuntamiento de Santiago y la editorial KALANDRAKA.

 
Ilustracións de "Cerca", de Natalia Colombo

A mostra, que ata a súa clausura recibirá a uns 5.000 escolares dos centros de ensino de Santiago e da bisbarra, tamén está aberta ao público en xeral en horario comercial. Destacan as doce ilustracións do libro titulado "Cerca", elaboradas por Natalia Colombo, coas que o pasado ano gañou o I Premio Internacional Compostela de Álbums Ilustrados. Xunto coas reproducións do seu traballo, tamén se poden ver as edicións en diferentes linguas -galego, castelán, catalán, euskera, portugués, inglés e italiano- que se fixeron desta obra, cunha tiraxe que acadou os 20.000 exemplares en conxunto. E ademais, as figuras dos personaxes, de máis dun metro de alto, elaboradas con papel maché.

"Trocar as voltas ao tempo", do portugués Gémeo Luis

Outros elementos característicos da exposición "Lendo máis Cerca" son as esculturas de ferro e de madeira realizadas polo artista Gémeo Luis, e as súas figuras de papel que van ilustrar o álbum "Trocar as voltas ao tempo", distinguido coa mención do xurado do I Premio Internacional Compostela. A súa obra destaca pola orixinalidade, sinxeleza e minuciosidade da proposta estética, a partir de siluetas que -expostas á luz- créanlle ao espectador sensacións de volume e profundidade, a partir dos xogos de sombras que se producen.

Ilustracións da arxentina Rebeca Luciani e da portuguesa Yara Kono

Tamén se pode contemplar o traballo de Rebeca Luciani, finalista do certame co álbum "A nube de Martín". Na súa proposta destaca o fondo calado metafórico das ilustracións e o manexo contrastado das cores. A sala complétase cunha pequena mostra da obra "Ovelhinha dá-me lá", da ilustradora Yara Kono, que recibiu outra mención especial do xurado. A obra, cun estilo desenfadado de tonalidades suaves, incorporarase este ano ao catálogo de KALANDRAKA.

Asimesmo, ofrécese un adianto doutro próximo libro que se vai titular "Tic-Tac", con ilustracións de Marc Taeger a partir da técnica do linogravado. As imaxes van ilustrar o libro-disco do músico coruñés Pablo Díaz, con cancións para público infantil, a ritmo de instrumentos tradicionais como a gaita, a pandeireta, o clarinete ou o acordeón. Nesta liña, as ilustracións seguen unha pauta creativa na que prima o valor artesanal do traballo artístico.

Linogravados de Marc Taeger para "Tic-tac"

Marc Taeger é o ilustrador doutros álbums editados por KALANDRAKA, como "A verdadeira historia de Carapuchiña", "Aquiles o puntiño" e "Garavanciño". A partir do 11 de maio tamén vai participar directamente nas actividades da Campaña impartindo un obradoiro de ilustración para os escolares; e o 16 de maio, xunto con Pablo Díaz, asistirá á presentación do libro-disco "Tic-tac", coincidindo coa sesión de clausura da Campaña.

Letras modeladas en bronce por Pablo Otero

Entre as obras que se poden ver na exposición "Lendo máis Cerca" ademais figuran as letras modeladas en bronce polo artista plástico ourensán Pablo Otero para o libro "ABCdiario", da colección ‘Alfabetos' de KALANDRAKA, editorial na que tamén ilustrou as obras "Mateo" e "O príncipe das sombras". Pablo Díaz visitará as Escolas Municipais de Conxo e Fontiñas os días 15 de abril e 5 de maio, e 16 de abril e 7 de maio, respectivamente, para impartir obradoiros de plástica e facer intervencións artísticas nos espazos.

---------------------------------------------------------------

Ilustraciones de "Cerca", de Natalia Colombo

La muestra, que hasta su clausura recibirá a unos 5.000 escolares de los centros educativos de Santiago y su comarca, también está abierta al público en general en horario comercial. Destacan las doce ilustraciones del libro titulado "Cerca", elaboradas por Natalia Colombo, con las que el pasado año ganó el I Premio Internacional Compostela de Álbumes Ilustrados. Junto con las reproducciones de su trabajo, también se pueden ver las ediciones en diferentes lenguas -gallego, castellano, catalán, euskera, portugués, inglés e italiano- que se hicieron de esta obra, con una tirada que alcanzó los 20.000 ejemplares en conjunto. Y además, las figuras de los personajes, de más de un metro de alto, elaboradas con papel maché.

"Trocar as voltas ao tempo", del portugués Gémeo Luis

Otros elementos característicos de la exposición "Lendo máis Cerca" son las esculturas de hierro y madera realizadas por el artista Gémeo Luis, y sus figuras de papel que van a ilustrar el álbum "Trocar as voltas ao tempo", distinguido con la mención del jurado del I Premio Internacional Compostela. Su obra destaca por la originalidad, sencillez y minuciosidad de la propuesta estética, a partir de siluetas que -expuestas a la luz- le crean al espectador sensaciones de volumen y profundidad, a partir de los juegos de sombras que se producen.

Ilustraciones de la argentina Rebeca Luciani y la portuguesa Yara Kono

También se puede contemplar el trabajo de Rebeca Luciani, finalista del certamen con el álbum "La nube de Martín". En su propuesta destaca el profundo calado metafórico de las ilustraciones y el manejo contrastado de los colores. La sala se completa con una pequeña muestra de la obra "Ovelhinha dá-me lá", de la ilustradora Yara Kono, que recibió otra mención especial del jurado. La obra, con un estilo desenfadado de tonos suaves, se va a incorporar este año al catálogo de KALANDRAKA.

Asimismo, se ofrece un adelanto de otro próximo libro que se va a titular "Tic-Tac", con ilustraciones de Marc Taeger a partir de la técnica del linograbado. Las imágenes ilustrarán el libro-disco del músico coruñés Pablo Díaz, con canciones para público infantil, a ritmo de instrumentos tradicionales como la gaita, la pandereta, el clarinete o el acordeón. En esta línea, las ilustraciones siguen una pauta creativa en la que prima el valor artesanal del trabajo artístico.

Sala del próximo libro-disco "Tic-tac", con ilustraciones de Marc Taeger

Marc Taeger es el ilustrador de otros álbumes editados por KALANDRAKA, como "La verdadera historia de Caperucita", "Aquiles el puntito" y "Garbancito". A partir del 11 de mayo también va a participar directamente en las actividades de la Campaña impartiendo un taller de para los escolares; y el 16 de mayo, junto con Pablo Díaz, asistirá a la presentación del libro-disco "Tic-tac", coincidiendo con la sesión de clausura de "Lendo máis Cerca".

 Letras modeladas en bronce por Pablo Otero

Entre las obras que se pueden ver en esta exposición figuran además las letras modeladas en bronce por el artista plástico ourensano Pablo Otero para el libro "ABCdiario", de la colección ‘Alfabetos' de KALANDRAKA, editorial en la que también ilustró las obras "Mateo" y "El príncipe de las sombras". Pablo Díaz visitará las Escuelas Municipales de Conxo y Fontiñas los días 15 de abril y 5 de mayo, y 16 de abril y 7 de mayo, respectivamente, para impartir talleres de plástica y hacer intervenciones artísticas en los espacios.