Pinto&Chinto -David Pintor e Carlos López- presentaron en Culturgal o seu libro de relatos ilustrados "Contos para nenos que dormen deseguida", editado por KALANDRAKA en galego, castelán e portugués.

"Contos para nenos que dormen deseguida" foi un dos libros recomendados esta semana no Faro da Cultura do diario Faro de Vigo.

(Ligazón do SUPLEMENTO)

O ilustrador David Pintor tamén vén de participar, días atrás, nun encontro con lectores celebrado na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago, coa investigadora Arantxa Serantes e outros compoñentes do Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social.

PODCAST da entrevista previa realizada a David Pintor.