Martín León Barreto recolleu o IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado pola obra "A viaxe de Olaf", que está editada por KALANDRAKA en galego, castelán, portugués, éuscaro (con Pamiela) e catalán (con Hipòtesi). O deseñador uruguaio afincado en Guadalaxara (España) consegue así facer realidade un dos seus soños, coa publicación deste primeiro libro seu que, grazas ao certame que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e maila editorial, no marco da Campaña Municipal de Animación á Lectura, viaxará por todo o mundo cunha mensaxe: a importancia de construírmos un camiño no que se vaian sumando experiencias e amizades.

--------------------------------

Martín León Barreto recogió el IV Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado por la obra "El camino de Olaj", que está editada por KALANDRAKA en castellano, gallego, portugués, euskera (con Pamiela) y catalán (con Hipòtesi). El diseñador uruguayo afincado en Guadalajara (España) consigue así hacer realidad uno de sus sueños, con la publicación de este primer libro suyo que, gracias al certamen que organizan el Departamento de Educación del Ayuntamiento de Santiago y la editorial, en el marco de la Campaña Municipal de Animación a la Lectura, viajará por todo el mundo con un mensaje: la importancia de construír un camino en el que se vayan sumando experiencias y amistades.

“...Libros que nos emocionan cunha alquimia sintética e poderosa, e que nos explican historias traballadas coa claridade e a sutileza das palabras e a forza e o impacto da ilustración. Detrás dun álbum ilustrado non creamos que o texto conciso sempre, é fácil de escribir, nada máis falso. Cada palabra palabra debe contribuir a desenvolver unha idea e a ilustración ten que estar en diálogo co texto. Detrás dun álbum ilustrado hay moito traballo. Para unha cidade educadora como Compostela é un orgullo premiar un recurso educativo fundamental nas primeiras idades dos nenos nun certame que chega á cuarta edición”. Ángel Currás concelleiro de Educación.

“...O Premio Compostela nace, como ben saben, como a prolongación natural dunha campaña de animación á lectura aberta a todo o alumnado da cidade, e mesmo da bisbarra. Durante máis dun mes, a Galería Sargadelos transfórmase cada primavera nun pequeno museo que é visitado polos alumnos e alumnas de Primaria, polo profesorado e polas familias, para participar como protagonistas directos nas actividades deseñadas cun obxectivo ben definido: animar a ler. E nas salas dese pequeno museo están presentes, en fermosa simbiose, as palabras, os textos literarios xunto ás imaxes, as ilustracións, envoltos pola música que os acompaña. E, como non, alí están tamén os libros, que se poden tocar e mesmo ulir. Libros para educar os ollos e para deleitar os oídos”. Xosé Ballesteros, director de Kalandraka. 

“Martin, recibe en nome dos composteláns os nosos parabéns e o noso recoñecemento por este precioso álbum que sen dúbida será do agrado de todos os que o usen: mestres, pais e nais, nenos, avós e avoas que dedican o seu prezado tempo a contarlles historias da vida aos seus netos. Queremos facer un recoñecemento público do esforzo editorial que Kalandraka fai no eido infantil e xuvenil. A súa aportación á nosa cultura é vital para manter as tradicións orais e a promoción da lectura entre os máis pequenos. Podemos estar orgullosos de que Kalandraka, que leva o nome de Santiago de Compostela por todas as feiras internacionais, teña un novo libro que sae dunha iniciativa do Concello de Santiago que volva a poñer en mans de todos os nenos e nenas de Galicia e do resto do mundo”. Xerardo Conde Roa, alcalde de Santiago.

Martín León Barreto mantivo un encontro académico con alumnos e alumnas de Bacharelato Artístico do IES do Sar, cos que compartiu a súa experiencia como deseñador e algunhas claves do álbum "A viaxe de Olaf".

-------------------------

Martín León Barreto mantuvo un encuentro académico con alumnos y alumnas de Bachillerato Artístico del IES do Sar, con los que compartió su experiencia como diseñador y algunas claves del álbum "El camino de Olaj". 

 

Con Martín León Barreto, autor e ilustrador de "A viaxe de Olaf" no IES do Sar, con alumnos de Bacharelato Artístico.