Os artistas plásticos David Pintor e Óscar Villán inauguran hoxe unha exposición de debuxos na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés. A mostra, titulada "Un paseo ilustrado", estará aberta ao público ata o 28 de novembro. Ámbolos creadores amosan unha escolma de traballos recentes entre os que se poden admirar unha ilustración de David Pintor para o libro "Contos para nenos que dormen deseguida", e varias imaxes de Óscar Villán para a obra "O Rei Oso Branco", os dous editados por Kalandraka.