O profesorado marinense percorreu xa as salas nas que se van desenvolver ata o vindeiro 16 de outubro as actividades da campaña de fomento do galego "Cantar e contar", impulsada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Os mestres foron os primeiros en contemplar a exposición de ilustracións, porque o seu é un papel fundamental para que os contidos e obxectivos da campaña trascendan este ámbito e se prolonguen durante todo o curso escolar.

O equipo de animación á lectura de Kalandraka ofreceulles unha visita guiada, explicando as claves dos contos que van formar parte do repertorio e facendo propostas educativas sinxelas e útiles que poderán levar a cabo nas aulas a partir das sesións de contacontos e dos obradoiros de escrita creativa.

Fotografías da xornada inaugural para mestres: Julio Santos Pena.