Xosé Cobas, ilustrador de "Cadros dunha exposición"

Paz Castro, de Kalandraka. con Xosé Cobas

[Paz Castro, de Kalandraka, co ilustrador Xosé Cobas]

O xurado que premiou "Cadros dunha exposición" como Mellor Libro Ilustrado de 2015 na I Gala do Libro Galego valorou a obra "polo seu lirismo e a coherencia gráfico-textual coa elegacia da ilustración".

O seu ilustrador, Xosé Cobas, recolleu o galardón destacando que "Cadros dunha exposición" supuxo un reto na súa traxectoria artística: era a primeira vez que ilustraba un libro-disco de música clásica. O autor do texto, José Antonio Abad, achegouno ás melodías de Modest Mussorgskyy e Xosé Cobas foi quen de plasmar en imaxes a cadencia das composicións no incomparable marco do Museo de San Petersburgo.

Na mesma xornada na que a Asociación Galega de Editores, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, e a Federación de Librarías de Galicia premiaban "Cadros dunha exposición, o autor recibía o agarimo do público na clausura da XVI Campaña Municipal de Animación á Lectura "Contos para despois da chuvia".

As ilustracións deste libro permanecen expostas na Galería Sargadelos de Santiago ata o vindeiro sábado 21 de maio, en horario comercial.

Xosé Cobas na clausura da XVI Campaña de Animación á Lectura