El 7 de febrero de 1812 nacía Charles Dickens. Su niñez estuvo marcada por el encarcelamiento de su padre y el trabajo en una fábrica. Tras desempeñar varios oficios, consiguió un puesto como periodista en el Parlamento y, posteriormente en The Mirror of Parliament y The Morning Chronicle. Sus primeros relatos breves, que datan de 1833, los firmó con el pseudónimo de Boz en la publicación The Monthly Magazine. Tuvo mucho éxito como escritor por su estilo humorístico, irónico y tendente a la crítica social, pero cultivó otras facetas: editor de semanarios, autor de libros de viajes, simpatizante de colectivos sociales, ponente en seminarios sobre propiedad intelectual y abolición de la esclavitud. Falleció en Inglaterra en 1870. El creador de personajes tan emblemáticos en la historia de la literatura, como Oliver Twist o David Copperfield, escribió “Canción de Navidad” en 1843. KALANDRAKA publicó esta obra -en castellano, gallego y portugués- con las maravillosas ilustraciones del artista plástico italiano Roberto Innocenti.

 

------------------------------------------

 

O 7 de febreiro de 1812 nacía Charles Dickens. A súa nenez estivo marcada polo encarceramento do seu pai e polo traballo nunha fábrica. Tras desempeñar varios oficios, conseguiu un posto como xornalista no Parlamento e, posteriormente no The Mirror of Parliament e The Morning Chronicle. Os seus primeiros relatos breves, que datan de 1833, asinounos co seudónimo de Boz na publicación The Monthly Magazine. Tivo moito éxito como escritor polo seu estilo humorístico, irónico e tendente á crítica social, pero cultivou outras facetas: editor de semanarios, autor de libros de viaxes, simpatizante de colectivos sociais, poñente en seminarios sobre propiedade intelectual e abolición da escravitude. Faleceu en Inglaterra en 1870. O creador de personaxes tan emblemáticos na historia da literatura, como Oliver Twist ou David Copperfield, escribiu “Canto de Nadal” en 1843. KALANDRAKA publicou esta obra -en galego, castelán e portugués- coas marabillosas ilustracións do artista plástico italiano Roberto Innocenti.

 

 

–¿Y cómo quieres que me ponga –respondió el tío– si vivo en un mundo de locos? ¡Feliz Navidad! ¡Ya está bien de tanta Navidad! ¿Para ti qué es la Navidad, aparte de una época de pagar facturas sin tener dinero, una época en la que descubres que eres un año más viejo y ni siquiera una hora más rico, una época para hacer balance de la contabilidad y encontrarte con doce meses de gastos a deber? Si aquí mandara yo –dijo Scrooge indignado–, a todos esos idiotas que andan por ahí con el «feliz Navidad» en la boca se los quemaría vivos y se los enterraría con una estaca de acebo clavada en el corazón. ¡Hala, ya lo he dicho!

–¡Tío! –se quejó el sobrino.

–¡Sobrino! –respondió el tío de mal talante–. Tú quédate con tus Navidades y a mí déjame con las mías.

–¡Sus Navidades! –respondió el sobrino de Scrooge–. Pero si usted no las celebra.

Ambientado en Londres en la época victoriana, “Canción de Navidad” es un clásico inolvidable de la literatura Iniversal, ilustrado por uno de los más prestigiosos artistas internacionales. KALANDRAKA lo presenta en una cuidada edición para disfrutar de una lectura que ensalza el espíritu navideño. Los tres Fantasmas de las Navidades Pasadas, Presentes y Futuras le revelarán al avaro Scrooge cuánta codicia, desprecio, soledad y desamor están destruyendo su vida. Un libro esencial que destaca por la riqueza y la precisión del texto de Dickens, y por las imágenes hiperrealistas de Innocenti, que ofrecen múltiples perspectivas visuales. 

Roberto Innocenti (Florencia, 1940): De formación autodidacta, inició su trayectoria artística en un estudio de animación; también trabajó en la diagramación de libros y el diseño de carteles para cine y teatro. Ilustró textos de Eta Hoffmann, Charles Perrault, Oscar Wilde y Christophe Gallaz. Sus obras se publicaron en todo el mundo. Entre otras distinciones, recibió la Manzana de Oro en la Bienal de Ilustración de Bratislava, la Medalla de Plata de la Sociedad de Ilustradores de Nueva York y el Premio Hans Christian Andersen en 2008.

 

 

------------------------------------------------------------

 

–E que lle queres –respondeu o tío– se vivo nun mundo de tolos coma este? Bo Nadal! Xa está ben de Nadal! Para ti que é o Nadal, á parte dunha época para pagar facturas sen ter cartos; unha época en que descobres que es un ano máis vello e nin sequera un chisco máis rico; unha época para facer balance da contabilidade e encontrar todos os gastos de doce meses a deber? Se aquí mandase eu –dixo Scrooge indignado–, a todos eses idiotas que andan por aí con iso de «bo Nadal» na boca habían de queimalos vivos e enterralos cunha estaca de acivro chantada no corazón. Ala!

–Tío! –queixouse o sobriño.

–Sobriño! –respondeulle o tío de mal xenio–. Ti queda co teu Nadal e a min déixame co meu.

–Co seu Nadal! –replicou o sobriño de Scrooge–. Pero se vostede non celebra o Nadal.

Ambientado en Londres na época victoriana, “Canto de Nadal” é un clásico inesquecible da literatura universal ilustrado por un dos máis prestixiosos artistas internacionais. KALANDRAKA preséntao nunha coidada edición para gozar dunha lectura que enxalza o espírito navideño. Os tres Fantasmas do Nadal Pasado, Presente e Futuro revelaranlle ao avaro Scrooge canta cobiza, desprezo, soidade e desamor están a arruinar a súa vida. Un libro esencial que destaca pola riqueza e pola precisión do texto de Dickens e das imaxes hiperrealistas de Innocenti, que ofrecen múltiples perspectivas visuais.

Roberto Innocenti (Florencia, 1940):  De formación autodidacta, iniciou a súa traxectoria artística nun estudo de animación; tamén traballou na diagramación de libros e no deseño de cartaces para cinema e teatro. Ilustrou textos de Eta Hoffmann, Charles Perrault, Oscar Wilde e Christophe Gallaz. As súas obras publicáronse en todo o mundo. Entre outras distincións, recibiu a Mazá de Ouro na Bienal de Ilustración de Bratislava, a Medalla de Prata da Sociedade de Ilustradores de Nova York e o Premio Hans Christian Andersen en 2008.

 

 

Reseña de "Canción de Navidad" en CLIJ:

 

 

Reseña en Babar:

"A Christmas Carol, de Charles Dickens, con ilustraciones del italiano Roberto Innocenti, fue publicado originalmente por su “casa” americana, Creative Company, en 1990, y ahora vuelve a nuestras librerías para que podamos seguir disfrutando del virtuosismo de este ilustrador, acompañando un texto clásico (1843) que parece no pasar de moda".

Suplemento Culturas, La Voz de Galicia:

 

 

 

Reseña en Acto de primavera:

"A clave está, como sempre, na habilidade do xenio inglés para dotar ao seu relato de elementos emocionais de inmensa efectividade que fan que sexa imposíbel entregarse ás súas páxinas sen sentir en todas e cada unha delas o pulso vibrante do seu aprecio polas persoas. Alén diso, a Canción de Nadal é outro magnífico retrato dun mundo cheo de inxustizas que Dickens combate con contaxiosa enerxía".