logo-circulo-faktoria.JPGFaktoría K de Libros facía a súa presentación oficial un 22 de novembro de 2005. Dous anos despois, esta iniciativa editorial que xurdía amparada por Kalandraka xa se vale de seu, xa adquiriu autonomía de voo suficiente e xa desenvolveu unha identidade propia que se ten labrado a base dun traballo diferenciado. Narrativa, arte, ciencia, álbum ilustrado, banda deseñada, fotografía...
------------------------------------------------------------------------------------------
Faktoría K de Libros hacía su presentación oficial un 22 de noviembre de 2005. Dos años después, esta iniciativa editorial que nacía amparada por Kalandraka ya se vale por sí misma, ya adquirió autonomía de vuelo suficiente y ya desarrolló una identidad propia que se ha labrado a base de un trabajo diferenciado. Narrativa, arte, ciencia, álbum ilustrado, banda diseñada, fotografía...

O camiño da madurez é longo e arduo, mais Faktoría K quere avanzar nel con paso firme e decidido. Botando a vista atrás, velaí están títulos como “Animalario”, que acadou este ano o 1º Premio Nacional de Edición na categoría de Arte; velaí o seu paso polas feiras internacionais do libro máis importantes do mundo; velaí obras -Mifi- e autores -Taro Gomi- que por primeira vez ven a luz en galego (e outros que axiña se van incorporar ao catálogo...).

Foto: R.Leiro, La VozEncendíase unha nova luz no panorama editorial. Apagábase outra: María Victoria Moreno. Deixábanos tal día coma hoxe hai dous anos unha escritora e docente de prestixio, cunha actitude vital admirable, identificada plenamente con Galicia. Legounos unha ampla produción literaria, inzada de premios, tanto para cativos como para non tan cativos: dende “A festa no faiado” ata “Un cachiño de bica?”, pasando por “Anagnórise” ou “Diario de a luz e a sombra”. Muller sabia e moderna, sensible e valente, rebelde e reflexiva:

"Se damos aos nenos a mellor comida que hai e en vestilos gastamos máis que en nós mesmos, tamén temos que lles ofrecer boa literatura”.

-----------------------------------------------------------------------------------------

El camino de la madurez es largo y arduo, pero Faktoría K quiere avanzar en él con paso firme y decidido. Echando la vista atrás, he ahí títulos como “Animalario”, que logró este año el 1º Premio Nacional de Edición en la categoría de Arte; su paso por las ferias internacionales del libro más importantes del mundo; obras y autores inéditos que por primera vez ven la luz...
Se encendía una nueva luz en el panorama editorial. Se apagaba otra: María Victoria Moreno. Nos dejaba tal día como hoy hace dos años una escritora y docente de prestigio, con una actitud vital admirable, identificada plenamente con Galicia. Nos legó una amplia producción literaria, llena de premios, tanto para pequeños como para no tan pequeños: desde “A festa no faiado” hasta “Un cachiño de bica?”, pasando por “Anagnórise” o “Diario de a luz e a sombra”. Mujer sabia y moderna, sensible y valiente, rebelde y reflexiva: “Si damos a los niños la mejor comida que hay y en vestirlos gastamos más que en nosotros mismos, también tenemos que ofrecerles buena literatura”.