"Donde viven los monstruos", de Maurice Sendak (Kalandraka).

KALANDRAKA CELEBRA SU 16º ANIVERSARIO EN EL DÍA DEL LIBRO INFANTIL Y JUVENIL CON LA PUBLICACIÓN DE LA OBRA MAESTRA DE SENDAK EN TODAS LAS LENGUAS PENINSULARES

“Donde viven los monstruos” es una edición especial que reproduce con mayor fidelidad las ilustraciones originales 

"Onde viven os monstros", de Maurice Sendak (Kalandraka).

KALANDRAKA CELEBRA O SEU 16º ANIVERSARIO NO DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL COA PUBLICACIÓN DA OBRA MESTRA DE SENDAK EN TODAS AS LINGUAS PENINSULARES

“Onde viven os monstros” é unha edición especial que reproduce con maior fidelidade as ilustracións orixinais

"Donde viven los monstruos", de Maurice Sendak (Kalandraka).

La publicación de la nueva edición del álbum “Donde viven los monstruos”, de Maurice Sendak, en todas las lenguas peninsulares coincide, en este 2 de abril, con la conmemoración del Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil, una fecha en la que KALANDRAKA celebra su 16º aniversario. Considerado el álbum ilustrado perfecto por la conexión entre texto e imagen, y con una original diagramación, “Donde viven los monstruos” se ha convertido en un clásico desde su primera edición en 1963 y hace 50 años recibió la Medalla Caldecott, a la que han seguido otros galardones de prestigio.

Esta reedición de “Donde viven los monstruos” llega después de la publicación de “La cocina de noche”, en el marco de un plan de recuperación del legado artístico y literario de este autor. Este año Sendak de KALANDRAKA continuará a lo largo de 2014 y se ampliará hasta 2015 con la traducción de “Outside over there” -que completa la trilogía iniciada con los dos primeros y aún permanece inédito en la Península- y con la publicación de las colecciones “Osito” y “Mini-biblioteca”.

Con su incorporación al catálogo de los Libros para Soñar de KALANDRAKA, la editorial presenta una edición especial de “Donde viven los monstruos” que reproduce fielmente la obra original de Sendak, tanto en su formato como en la calidad de las ilustraciones.

En el Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil, que honra al autor Hans Christian Andersen en el aniversario de su nacimiento, KALANDRAKA sigue apostando por un catálogo coherente y renueva su compromiso con la edición de títulos que seduzcan y perduren en el tiempo. En un momento de cambio tecnológico, de contracción del mercado y contención del consumo, la editorial actúa para conservar y aumentar el número de lectores, al tiempo que reivindica una mayor visibilidad de la LIJ.

"Onde viven os monstros", de Maurice Sendak (Kalandraka).

A publicación da nova edición do álbum “Onde viven os monstros”, de Maurice Sendak, en todas as linguas peninsulares vén coincidir, neste 2 de abril, coa conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, unha data na que KALANDRAKA celebra o seu 16º aniversario. Considerado o álbum ilustrado perfecto pola ligazón entre texto e imaxe, e cunha orixinal diagramación, “Onde viven os monstros” converteuse nun clásico dende a súa primeira edición en 1963 e recibiu hai 50 anos a Medalla Caldecott, á que lle seguiron outros galardóns de prestixio.

Esta reedición de “Onde viven os monstros” chega despois da publicación de “Na cociña de noite”, no marco dun plan de recuperación do legado artístico e literario deste autor. Este ano Sendak de KALANDRAKA continuará ao longo de 2014 e ampliarase ata 2015 coa tradución de “Outside over there” -que completa a triloxía iniciada cos dous primeiros e que aínda permanece inédito na Península- e coa publicación das coleccións “Osiño” e “Mini-biblioteca”.

14 anos despois da súa incorporación ao catálogo dos Libros para Soñar de KALANDRAKA, a editorial presenta unha edición especial de “Onde viven os monstros” que reproduce fielmente a obra orixinal de Sendak, tanto no seu formato como na calidade das ilustracións.

No Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que honra o autor Hans Christian Andersen no aniversario do seu nacemento, KALANDRAKA segue apostando por un catálogo coherente e renova o seu compromiso coa edición de títulos que seduzan e perduren no tempo. Nun momento de cambio tecnolóxico, de contracción do mercado e contención do consumo, a editorial actúa a prol de conservar e aumentar o número de lectores, ao tempo que reivindica unha maior visibilidade da LIX.