DAVID McKEE, IN MEMORIAM

O mundo da literatura infantil  e xuvenil vén de perder a un dos seus referentes: o autor e ilustrador británico David McKee faleceu aos 87 anos no sur de Francia.

Foi o creador de Elmer, o elefante multicolor que, dende 1968 e tralo seu relanzamento en 1989, protagonizou unha serie formada por unha trintena de historias que marabillaron a nenas e nenos de numerosos países. O seu legado bibliográfico inclúe tamén éxitos como Agora non, Bernardo, entre outros títulos dunha ampla traxectoria que foi recoñecida con varias distincións, ademais da nominación ao Premio Hans Christian Andersen en 2006.

“A súa foi unha voz singular e unha luz brillante na literatura infantil que destacou a inclusión, a diversidade e aspectos do noso mundo que non sempre están presentes no que se publica para a infancia”, destacou o seu editor, Klaus Flugge. A obra de David McKee, engadiu, converteuse nun “canon” da literatura infantil.

O autor escribía “para o adulto que o neno será un día e para o neno que...

Lee mas »