Archivos mensuales: Marzo 2015

  1. AGENDA DE MARZO EN EL ESPACIO KALANDRAKA

    Agenda de marzo en el Espacio Kalandraka.

    La ilustradora madrileña Rocío Martínez será la protagonista de la sesión para público adulto que se celebrará mañana, viernes 6, en el ESPACIO KALANDRAKA (calle Santa María, 16), a las 20:00 horas. Presentará “La historia del Rainbow Warrior”, el libro del que es autora e ilustradora, que acaba de regresar a las librerías, y cuyas ilustraciones ocupan una parte de la exposición de arte que se puede visitar hasta el 7 de abril.

    Rocío Martínez en el Espacio Kalandraka.

    Rocío M

    Lee mas »
  2. PRESENTACIÓN DE 'LEVIATÁN' EN VERSUS, DE VIGO

    Presentación de "Leviatán" na libraría Versus de Vigo.

    O artista vigués Ramón Trigo presentará este venres 6 de marzo, ás 20:30 horas, o seu último libro, “Leviatán”, galardoado co Premio Lazarillo de Álbum Ilustrado 2012 e publicado no selo Faktoría K. A presentación, na Libraría Versus de Vigo, tamén contará coa participación de Xosé Amoedo, do colectivo A Madriña Asociados, e do director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros. O propio Ramón Trigo fará unha intervención artística sobre a obra presentada.

    Ambientado no mar, “Leviatán” narra unha historia novidosa e enigmática con referencias ao “Moby Dick” de Herman Melville e a textos bíblicos do “Libr

    Lee mas »
  3. ILUSTRADORES SELECCIONADOS PARA BRATISLAVA

    "LIsboa", de David Pintor

    David Pintor, co caderno de viaxe “Lisboa”, e Dani Padrón, coas ilustracións do libro-disco “Pan de millo”, publicados por KALANDRAKA, van participar na Bienal de Ilustración de Bratislava 2015, que se celebrará do 4 de setembro ao 25 de outubro na capital de Eslovaquia.

    "Pan de millo", ilustrado por Dani Padrón.

    A representación de KALANDRAKA complétase con “Ícaro”, a obra coa que Federico Delicado gañou o VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado.

    "Ícaro", de Federico Delicado.

    A Bienal de Bratislava, que neste 2015 cumpre 50 anos da súa fundación, é unha prestixiosa exposición internacional de ilustracións de libros infantís e xuvenís, organizada polo Ministerio de Cultura da República Eslovaca, a Comisión Eslovaca da UNESCO e a Casa Internacional da Arte para Nenos.

    A Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI) -como delegación española da Organización Internacional para o Libro Infantil e Xuvenil (IBBY, nas súas siglas en inglés)- escolleu 15 ilustradores do Estado español para que envíen obras orixinais -cos seus respectivos libros- á mostra.

    Para esta nova edición da Bienal, OEPLI recibiu 75 propostas artísticas dun total de 58 ilustradores que optaban a participar na exposición. Ademais de David Pintor, Dani Padrón e Federico Delicado, entre os 15 seleccionados atópanse figuras destacadas do panorama actual da ilustración, como Javier Zabala ou o galego Xan López Domínguez.

    Ademais da exposición internacional de ilustracións, a Bienal de Bratislava complétase cun simposio internacional de especialistas en ilustración infantil e xuvenil. No marco da Bienal, un xurado de expertos elixirá tamén os gañadores dos destacados premios “Grand Prix” e “Golden Apple” aos mellores traballos.

    ......................................

    David Pintor, en la presentación de "Lisboa" en la Livraria Bertrand do Chiado.

    David Pintor, con el cuaderno de viaje “

    Lee mas »
Página