Archivos mensuales: Agosto 2011

  1. COCODRILOS VORACES, EN ZAMORA

    El cocodrilo que protagoniza el cuento “Un gran sueño”, de Felipe Ugalde, fue uno de los voraces personajes del taller organizado durante este verano por la Sección Infantil-Juvenil de la Biblioteca Pública del Estado de Zamora. Niños y niñas de 4 a 7 años asistieron a una sesión de animación a la lectura con motivo del centenario de la publicación de Peter Pan. El feroz cocodrilo de esa historia dio pie a conocer otros congéneres que habitan en la Literatura, como este que inspiró el álbum ganador del II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. Después de la narración de “Un gran sueño”, los participantes en la sesión dibujaron todo aquello que darían de comer a este reptil tan glotón: flores, leche con tostadas, rascacielos... un original y completo menú marcado por la imaginación.

    ----------------------

    O crocodilo que protagoniza o conto “Un gran soño”, de Felipe Ugalde, foi un dos voraces personaxes do obradoiro organizado durante este verán pola Sección Infantil-Xuvenil da Biblioteca Pública do Estado de Zamora. Nenos e nenas de 4 a 7 anos asistiron a unha sesión de animación á lectura con motivo do centenario da publicación de Peter Pan. O feroz crocodilo desa historia deu pé a coñecer outros conxéneres que habitan na Literatura, como este que inspirou o álbum gañador do II Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado. Despois da narración de “Un gran soño”, os participantes na sesión debuxaron todo aquilo que darían de comer a este reptil tan comellón: flores, leite con tostadas, rañaceos... un orixinal e completo menú marcado pola imaxinación

    Lee mas »
  2. PRESENTACIÓN DE 'ARTUR' EN CANGAS

    O escritor Xosé Manuel González 'Oli' e o ilustrador Marc Taeger presentan "ARTUR", un álbum ilustrado tenro e entrañable, cunha proposta estética moderna e chamativa. Será o 23 de agosto ás 20:00 horas na sala Salasón de Cangas.

    ...Pío, pío!

    Lee mas »
  3. RECTA FINAL DE 'VIÑETAS': CÓMICS EN AGOSTO

    ‘Viñetas desde el Atlántico’ concluye este domingo 14 de agosto una edición más, que se está caracterizando por la variedad de exposiciones, de personajes e historietas, de creadores de banda diseñada. KALANDRAKA ocupa la caseta número 35 en los Jardines de Méndez Núñez, donde se pueden encontrar las novedades que presenta la colección de cómic de FAKTORÍA K: retroceder hasta la época medieval para conocer el desenlace de las aventuras de Le Roman de Renart en “Historias de Maese Zorro 2”, de Bruno Heitz; viajar con Marc Rosenthal hasta Celesteville para rodearse de onomatopeyas y signos cinéticos en “¡Me aburro!”; o compartir la paz y la tranquilidad que se respira en el atípico hogar de “El señor Top

    Lee mas »
  4. 'A REVOLTA DOS INDIGNADOS', EN ÁGORA K

    “A REVOLTA DOS INDIGNADOS” REÚNE A OPINIÓN DE VARIOS ANALISTAS SOBRE O MOVEMENTO 15-M

    É a nova entrega da colección Ágora K trala publicación de “Indignádevos!”, que vai xa pola súa cuarta edición en galego

    FAKTORÍA K vén de publicar “A revolta dos indignados: Movemento 15-M, Democracia Real Xa!”, un libro colectivo que reúne reflexións e artigos de diversos analistas políticos e sociais arredor deste fenómeno tan actual. A obra pertence á colección Ágora K, que se estreou en marzo coa edición de “Indignádevos!”, de Stéphane Hessel, da que se levan vendidos uns 7.000 exemplares en galego.

    Traducida por Ramón Nicolás, “A revolta dos indignados” reúne as opinións de Carlos Taibo, Josep María Antentas, Esther Vivas, Antoni Domènech, Iván Giménez Chueca e Juan Carlos Monedero. As súas respectivas achegas reflicten o descontento xeral motivado pola difícil situación económica, política e laboral, criticando a indefensión da cidadanía e facendo un chamamento á concienciación e ao compromiso ante a necesidade de “construír entre todos unha sociedade mellor”.

    Lee mas »
  5. FRAN NUÑO, EN GALICIA

    O escritor Fran Nuño asinou exemplares do poemario "La hora de los relojes" na Feira do Libro da Coruña.

    “Yo me inspiro mucho en los objetos cotidianos, en lo que nos rodea en casa o en la ciudad, y para mí el reloj siempre ha sido un objeto muy poético. Hay muchos tipos de relojes, jugamos con el tiempo cronológico, que también me parece un aspecto muy poético. También he intentado jugar con el sentido del humor. Así que, pensando y pensando, fueron saliendo estos poemas, y cuando me di cuenta tenía un poemario”.

    Fran Nuño, sobre “La hora de los relojes”, en Radiofusión.

    Lee mas »
  6. RECTA FINAL DA FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA

    Saíu do seu ovo e, tras botar unha agradable soneca, calidamente arroupado entre as plumas da mamá galiña, "Artur" xa comezou a explorar o mundo arredor... Das librarías aos fogares dos nenos e nenas, o álbum ilustrado de Xosé Manuel González 'Oli' e Marc Taeger é unha tenra reflexión sobre a fraxilidade da vida que comeza. Destinado a pre-lectores e primeiros lectores, está editado no selo FAKTORÍA K en castelán, galego, catalán, euskera, portugués, inglés e italiano. Autor e ilustrador presentárono na Feira do Libro da Coruña, que se clausura mañá. Esta tarde, o escritor Fran Nuño asinará exemplares do poemario "La hora de los relojes".

    ---------------------------------------------------------------------

    Salió de su huevo y, después de dormir, arropado entre las plumas de mamá gallina, "Arturo" ya comenzó a explorar el mundo alrededor... De las librerías a los hogares de los niños y niñas, el álbum ilustrado de Xosé Manuel González 'Oli' y Marc Taeger es una tierna reflexión sobre la fragilidad de la vida que comienza. Destinado a pre-lectores y primeros lectores, está editado en el sello FAKTORÍA K en castellano, gallego, catalán, euskera, portugués, inglés e italiano. Autor e ilustrador lo presentaron en la Feria del Libro de A Coruña, que se clausura mañana. Esta tarde, el escritor Fran Nuño firmará ejemplares del poemario "La hora de los relojes".

    Lee mas »
  7. A CORUÑA: FEIRA DO LIBRO + SALÓN DO CÓMIC

    Comeza na Coruña unha nova edición do Salón do Cómic "Viñetas desde o Atlántico", con exposicións, conferencias e venda de historietas nas casetas dos Xardíns de Méndez Núñez. Ata este domingo 14 de agosto, o selo FAKTORÍA K de KALANDRAKA ocupa o stand número 35, onde se atopan as novidades na colección de banda deseñada: "Historias de Mestre Raposo 2" de Bruno Heitz, " ¡Me aburro! " de Marc Rosenthal, e "El señor Top" de Fernando Krahn.

    A pouca distancia, nos mesmos Xardíns de Méndez Núñez, a 40ª Feira do Libro apura os seus tres últimos días aberta ao público. Trala presentación, este pasado fin de semana, do álbum ilustrado "O Señor Don Nicanor", hoxe é o turno de "Artur": o escritor Xosé Manuel González 'Oli' e o ilustrador Marc Taeger manterán un encontro cos lectores para darlles a coñecer a entrañable historia deste poliño.

    -------------------------------------

    Comienza en A Coruña una nueva edición del Salón del Cómic "Viñetas desde o Atlántico", con exposiciones, conferencias y venta de historietas en las casetas de los Jardíns de Méndez Núñez. Hasta este domingo 14 de agosto, el sello FAKTORÍA K de KALANDRAKA ocupa o stand número 35, donde se encuentran las novedades de la colección de banda diseñada: "Historias de Maese Zorro 2" de Bruno Heitz, " ¡Me aburro! " de Marc Rosenthal, e "El señor Top" de Fernando Krahn.

    A pouca distancia, nos mesmos Xardíns de Méndez Núñez, a 40ª Feira do Libro apura os seus tres últimos días aberta ao público. Trala presentación, este pasado fin de semana, do álbum ilustrado "El Señor don Nicanor", hoxe é o turno de "ARrturo": o escritor Xosé Manuel González 'Oli' e o ilustrador Marc Taeger manterán un encontro cos lectores para darlles a coñecer a entrañable historia deste poliño.

    Lee mas »
  8. PRESENTACIÓN DE 'O SEÑOR NICANOR' E 'ARTUR'

    A Feira do Libro da Coruña acollerá esta tarde de sábado, a partir das 18:30 horas, a presentación do libro infantil “O Señor Don Nicanor”, editado por FAKTORÍA K, coa presenza da súa autora, Ana Fernández-Abascal. O acto completarase cunha sesión de contacontos para público familiar, amenizada pola narradora Ana Abelenda. Trátase dunha das novidades estivais que presenta este selo editorial de KALANDRAKA, xunto con “Artur”, un texto do escritor Xosé Manuel González ‘Oli’ ilustrado por Marc Taeger, que se presentará este luns día 8 a partir das 19:00 horas.

    Lee mas »
  9. RESEÑAS EN 'QUE LEER'-EXTRA INFANTIL

    La revista Qué Leer ha vuelto a publicar un suplemento de Literatura Infantil y Juvenil, con sugerencias de lectura durante estas vacaciones estivales. Se reseña un número importante de libros, tanto del catálogo de KALANDRAKA como de FAKTORÍA K: álbum ilustrado, poesía, libros de arte... "Leer aporta conocimientos y nos hace pasar ratos estupendos; pero no olvidemos que también mantiene musculado nuestro cerebro y engrasa los mecanismos del pensamiento. Así que este verano hay que animar a los chicos y chicas a que practiquen el deporte de la lectura. Su mundo interior se lo agradecerá", dice el director de la revista, Antonio G. Iturbe.

    --------------------------

    A revista Qué Leer volveu publicar un suplemento de Literatura Infantil e Xuvenil, con suxerencias de lectura durante estas vacacións estivais. Reséñase un número importante de libros, tanto do catálogo de KALANDRAKA como de FAKTORÍA K: álbum ilustrado, poesía, libros de arte... "Ler achega coñecementos e fainos pasar ratos estupendos; pero non esquezamos que tamén mantén musculado o noso cerebro e engraxa os mecanismos do pensamento. Así que este verán hai que animar os mozos e mozas a que practiquen o deporte da lectura. O seu mundo interior agradecerallo", di o director da revista, Antonio G. Iturbe.

    Lee mas »
  10. FEIRA DO LIBRO DA CORUÑA: 'NOAH BARLEYWATER'

    Noah Barleywater escapa da casa” é o último traballo de John Boyne, autor do bestseller “O neno do pixama a raias” e da novela “Motín na Bounty”. Os tres títulos están publicados no selo FAKTORÍA K, que esta tarde ás 19:30 horas organiza un faladoiro na 40ª Feira do Libro da Coruña sobre a obra máis recente deste escritor irlandés. O tradutor de “Noah Barleywater escapa da casa”, Carlos Acevedo, vai protagonizar un faladoiro aberto ao público no que se abordará a traxectoria e o estilo narrativo de Boyne, con especial énfase neste libro, que marca un punto de inflexión na produción literaria do autor, ao tratarse da súa primeira novela non histórica. O propio John Boyne describiuna como un “conto de fadas”, que destaca pola tenrura do relato, sobre un neno de oito anos que foxe do seu fogar e chega á tenda dun vello artesán que elabora bonecos de madeira, e ao que lle confía as súas dúbidas e inquedanzas infantís, xurdindo entre eles unha relación entrañable de amizade, compañía e comprensión mutuas, que mestura a experiencia do ancián coa inmadurez do cativo.

    Lee mas »
Página