Xosé Neira Vilas

Deixounos Xosé Neira Vilas.

Foise o creador dese entrañable neno de aldea chamado Balbino; quen nos emocionou coa historia de amor de Sara; o amiguiño dos nenos e das nenas de aquí e de acolá que nos fixo recitar cantarolas collidos da man.

Reuniuse xa coa súa adorada e añorada Anisia.

Infinitas grazas polo seu valioso legado de historias, memorias e palabras; pola honra de ter traballado con el.

Descanse en paz, Xosé Neira Vilas.