A campaña de animación lingüística PALABRAS NO AR segue a deparar novidades continuas e sorpresas marabillosas. O máis recente, a montaxe audiovisual para divertirse xogando ás adiviñas cos escolares do CEIP A Gándara, de Monforte. E aínda que se atope lonxe, na outra beira do Atlántico, a autora de "Cerca", Natalia Colombo, envíalles un agarimoso saúdo aos nenos e nenas de PALABRAS NO AR...
--------------------------
La campaña de fomento del uso del gallego PALABRAS NO AR sigue deparando novedades continuas y sorpresas maravillosas. Lo más reciente, el montaje audiovisual para divertirse jugando a las adivinanzas con los escolares del CEIP A Gándara, de Monforte. Y aunque se encuentre lejos, al otro lado del Atlántico, la autora de "Cerca", Natalia Colombo, les envía un cariñoso saludo a los niños y niñas de PALABRAS NO AR...

 

PALABRAS NO AR é un conxunto de actividades deseñadas e desenvolvidas por KALANDRAKA no marco do programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Veñen de rematar en Compostela as sesións de contos e música, os obradoiros de oralidade e de escrita creativa realizados nas Escolas Municipais de Verán. Na semana do 13 ao 17 deste mes emitiranse na Cadena Ser de Santiago os programas radiofónicos que resumen a participación dos rapaces.

Ademais da súa práctica do galego, exercitando recursos da tradición oral, como os refráns, as coplas, ou as adiviñas creadas polos escolares monfortinos a partir da colección "Pequechos" de FAKTORÍA K, os cativos fannos partícipes dos traballos escolares que teñen feito por iniciativa propia trala visita do equipo de PALABRAS NO AR. É o caso do cómic elaborado polos alumnos e alumnas do CEIP As Centieiras, de Fene, cos personaxes de "Cerca", o álbum da autora e ilustradora arxentina Natalia Colombo, galardoado co I Premio Internacional Compostela 2008.

Cómic realizado polos alumnos e alumnas do CEIP As Centieiras, de Fene, a partir de "Cerca" Cómic elaborado polos alumnos e alumnas do CEIP Centieiras, de Fene, a partir de "Cerca"

En sinal de agradecemento, Natalia Colombo envioulles dende Bos Aires unha mensaxe na que anima aos participantes en PALABRAS NO AR a seguir creando debuxos e historias protagonizadas polo Señor Pato e o Señor Coello.

Que sorpresa tan grande recibín ao ver que os meus amigos Pato e Coello finalmente podan xogar xuntos. E que lea armou este coello! Rompeu todos os vidros cun pelotazo... Non sabía que tiña tan mala puntería! Grazas, amigos, por esta fermosa historia de amizade que, espero, siga chea de aventuras e debuxos.
Saúdos, Natalia

------------------------------

PALABRAS NO AR es un conjunto de actividades diseñadas y desarrolladas por KALANDRAKA en el marco del programa Bocaberta de la Secretaría Xeral de Política Lingüística. Acaban de finalizar en Compostela las sesiones de cuentos y música, los talleres de oralidad y de escrita creativa realizados en las Escuelas Municipales de Verano. Y en la semana del 13 al 17 de este mes de julio se emitirán en la Cadena Ser de Santiago los programas radiofónicos que resumen la participación de los chavales.

Además de la práctica del gallego, ejercitando recursos de la tradición oral, como refranes, coplas, o las adivinanzas creadas por los escolares monfortinos a partir de la colección "Pequechos" de FAKTORÍA K, los niños nos hacen partícipes de los trabajos escolares que surgen tras la visita del equipo de PALABRAS NO AR. Es el caso del cómic elaborado por los alumnos y alumnas del CEIP As Centieiras, de Fene, con los personajes de "Cerca", el álbum de la autora e ilustradora argentina Natalia Colombo, galardonado con el I Premio Internacional Compostela 2008.

Natalia Colombo en Santiago de Compostela, con motivo de la entrega del Premio Compostela 2008

En señal de agradecimiento, Natalia Colombo les envió desde Buenos Aires un mensaje en el que anima a los participantes de PALABRAS NO AR a seguir creando dibujos e historias protagonizadas por el Señor Pato y el Señor Conejo.

Qué sorpresa tan grande recibí al ver que mis amigos Pato y Conejo finalmente puedan jugar juntos. ¡Y que lío armó este conejo! Rompió todos los vidrios con un pelotazo... No sabía que tenía tan mala puntería! Gracias, amigos, por esta hermosa historia de amistad que, espero, siga llena de aventuras y dibujos.
Saludos, Natalia