A obra de teatro de monicreques “Titiricircus” cumpre 25 anos de representacións, durante os cales Tanxarina Títeres realizou máis dun milleiro de actuacións dentro e fóra de Galicia. Para festexar este aniversario, Tanxarina e KALANDRAKA colaboraron na edición -en galego e castelán- dun libro conmemorativo que se presentará este sábado 22 de setembro a partir das 19:30 horas no Multiusos da Xunqueira, en Redondela. Durante o acto, aberto ao público familiar, proxectarase o documental “25 anos do Titiricircus”, gravado e producido por Cuchi Carreira.

---------------------------------------------

La obra de teatro de títeres “Titiricircus” cumple 25 años de representaciones, durante los cuales Tanxarina realizó más de un millar de actuaciones dentro y fuera de Galicia. Para festejar este aniversario, Tanxarina y KALANDRAKA colaboraron en la edición -en castellano y en gallego- de un libro conmemorativo que se presentará este sábado 22 de septiembre a partir de las 19:30 horas en el Multiusos da Xunqueira, en Redondela. Durante el acto, abierto al público familiar, se proyectará el documental “25 anos do Titiricircus”, grabado y producido por Cuchi Carreira.

O deseñador e escenógrafo Pablo Giráldez ‘O Pastor’ ilustra as páxinas de “Titiricircus”, un álbum para nenos e nenas a partir de 5 anos que conta a historia de dous traballadores dun vello circo desaparecido, lembrando os éxitos da súa carreira artística cos seus monicreques. O equilibrista do monociclo, o home máis forte da Península Ibérica, o encantador da serpe Josefina ou o malabarista bailarín son algúns deses entrañables personaxes que fixeron vibrar de emoción a varias xeracións de cativos.

A proposta plástica desta obra ofrece unha visión de conxunto do teatro entre bambolinas: dende o proceso de elaboración e pintado dos monicreques, as numerosas viaxes da compañía dunha vila a outra, a posta en escena e as interioridades dos espectáculos. Trátase dunha homenaxe ao circo de gran formato e ao labor dun grupo de actores que, no caso de Tanxarina, aúna vocación, experiencia e prestixio.

Andrés Giráldez, Eduardo Alberto Rodríguez ‘Tatán’ e Miguel Borines foron alumnos de Harry Tozer, profesor do Institut del Teatre de Barcelona; fundaron Tanxarina en 1983 e especializáronse en espectáculos para público infantil, xuvenil e familiar, combinando varias técnicas de animación de bonecos coa faceta actoral e a relación escénica entre títeres e actores. Deste xeito dotaron de maior forza expresiva e comicidade as súas actuacións con monicreques de fíos, títeres de luva ou de varillas, sombras chinesas ou bunrakus, como se coñece o teatro de monicreques xaponés.

Actúan nos principais festivais nacionais e internacionais. Tamén colaboran nas montaxes doutras compañías de teatro de actor, así como en producións audiovisuais de cine, televisión, publicidade ou doblaxe. Ademais, imparten cursos de construción e manipulación de títeres, monicreques, máscaras e cabezudos. No ano 2000 comezaron a dirixir o Festival Internacional de Títeres de Redondela, no que actualmente desenvolven a parte artística. A compañía recibiu o Premio Xeración Nós, o Premio Xiria e o Premio María Casares, entre outros galardóns.

A traxectoria de Pablo ‘O Pastor’ transcorre principalmente en Galicia, onde deseña cartaces para festivais e portadas de discos e libros. É un destacado escenógrafo, non só con Tanxarina, senón que tamén ten traballado con grupos como Berrobambán, Teatro do Morcego, Teatro de Ningures ou o Centro Dramático Galego. Participou en mostras didácticas e exposicións de arte.

O programa de actividades festivas con motivo do 25 aniversario de “Titiricircus” continuará este domingo día 23. Tanxarina ofrecerá dúas actuacións desta obra, ás 12:30 e ás 20:00 horas na Praza da Torre, en Redondela. En caso de chuvia, as funcións trasladaranse ao Multiusos da Xunqueira, ás mesmas horas.

O documental “25 anos do Titiricircus” volverase proxectar no Multiusos de Redondela o domingo ás 21:30 horas. Posteriormente, as celebracións rematarán cun espectáculo musical do grupo “Os Croquetas” e petiscos elaborados por Paqui & Fon.

--------------------------------------------------

El diseñador gráfico y escenógrafo Pablo Giráldez ‘O Pastor’ ilustra las páginas de “Titiricircus”, un álbum para niños y niñas a partir de 5 años que cuenta la historia de dos trabajadores de un viejo circo desaparecido, recordando los éxitos de su carrera artística con sus marionetas. El equilibrista del monociclo, el hombre más fuerte de la Península Ibérica, el encantador de la serpiente Josefina o el malabarista bailarín son algunos de esos entrañables personajes que hicieron vibrar de emoción a varias generaciones de niños y niñas.

La propuesta plástica de esta obra ofrece una visión de conjunto del teatro entre bambalinas: desde el proceso de elaboración y pintado de los títeres, los numerosos viajes de la compañía de un pueblo a otro, la puesta en escena y los entresijos de los espectáculos. Se trata de un homenaje al circo de gran formato y a la labor de un grupo de actores que, en el caso de Tanxarina, aúna vocación, experiencia y prestigio.

Andrés Giráldez, Eduardo Alberto Rodríguez ‘Tatán’ y Miguel Borines fueron alumnos de Harry Tozer, profesor del Institut del Teatre de Barcelona; fundaron Tanxarina en 1983 y se especializaron en espectáculos para público infantil, juvenil y familiar, combinando varias técnicas de animación de muñecos con la faceta actoral y la relación escénica entre títeres y actores. De este modo dotaron de una mayor fuerza expresiva y comicidad sus actuaciones con títeres de hilos, de guante o de varillas, sombras chinas o bunrakus, como se conoce al teatro de marionetas japonés.

Actúan en los principais festivales nacionales e internacionales. También colaboran en montajes de otras compañías de teatro de actor, así como en producciones audiovisuales de cine, televisión, publicidad o doblaje. Además, imparten cursos de construcción y manipulación de títeres, marionetas, máscaras y cabezudos. En el año 2000 comenzaron a dirigir el Festival Internacional de Títeres de Redondela, en el que actualmente desarrollan la parte artística. La compañía recibió el Premio Xeración Nós, el Premio Xiria y el Premio María Casares, entre otros galardones.

La trayectoria de Pablo ‘O Pastor’ transcurre principalmente en Galicia, donde diseña carteles para festivales y portadas de discos y libros. Es un destacado escenógrafo, no solo con obras de Tanxarina, sino que también ha trabajado con grupos como Berrobambán, Teatro do Morcego, Teatro de Ningures o el Centro Dramático Galego. Participó en muestras didácticas y exposiciones de arte.

El programa de actividades festivas con motivo del 25 aniversario de “Titiricircus” continuará este domingo día 23. Tanxarina ofrecerá dosactuaciones de esta obra, a las 12:30 y a las 20:00 horas en la Praza da Torre, en Redondela. En caso de lluvia, las funciones se trasladarán al Multiusos da Xunqueira, a las mismas horas.

El documental “25 anos do Titiricircus” se proyectará nuevamente en el Multiusos el domingo a las 21:30 horas. Posteriormente, las celebraciones terminarán con un espectáculo musical del grupo “Os Croquetas” y dulces elaborados por Paqui & Fon.