Agarimo, admiración e moita ledicia foron as emocións predominantes na presentación do libro conmemorativo do 25 aniversario do espectáculo de monicreques “Titiricircus”, de Tanxarina. Con Beatriz Campos como mestra de cerimonias, polo escenario do Multiusos da Xunqueira, en Redondela, foron pasando as persoas que, de xeito directo ou indirecto, contribuíron a facer que “Titiricircus” sexa a obra de teatro de títeres máis representada en Galicia, mais tamén en moitos países de Latinoamérica, Europa e mesmo África.

-------------------------

Afecto, admiración y mucha alegría fueron las emociones predominantes en la presentación del libro conmemorativo del 25 aniversario del espectáculo de marionetas “Titiricircus”, de Tanxarina. Con Beatriz Campos como maestra de ceremonias, por el escenario del Multiusos de A Xunqueira, en Redondela, fueron pasando las personas que, de manera directa o indirecta, contribuyeron a hacer que “Titiricircus” sea la obra de teatro de títeres más representada en Galicia, pero también en muchos países de Latinoamérica, Europa e incluso África.

...Dende José Leitão, o fundador e director de Art’Imagem, a veterana compañía portuguesa que un bo día do ano 1987 invitou os integrantes de Tanxarina a acompañalos nunha xira por Austria e Bélxica, que deparou as actuacións na rúa que deron orixe ao “Titiricircus”; ata o realizador redondelado Fernando ‘Cuchi’ Carreira, que presentou a primeira versión do documental “25 anos do Titiricircus”, con imaxes do espectáculo e entrevistas cos intérpretes; pasando polo director de Kalandraka, Xosé Ballesteros. E por suposto, os protagonistas desta homenaxe: Tatán, Miguel Borines, Andrés Giráldez, e o ilustrador do álbum, Pablo ‘O Pastor’. Os catro fixeron un repaso pola traxectoria de Tanxarina, chea de divertidas e entrañables lembranzas. Pendurados no seu coqueto teatriño, os monicreques observaban con atención a evolución dos acontecementos.

Os aplausos do público animáronos a facer unha pequena exhibición dos seus talentos: o señor Bigotini fixo o pino, o gran Palindranat tocou a súa frauta máxica tras deitarse na cama de púas, o señor Tato arrincou sonoras gargalladas do respectable facendo malabarismos, e o señor Venancio deu varias voltar no seu veloz monociclo. Coa música de Álex Fente, Fernando Román, Alberto Barreiro ‘Warren’ e Xosé Pérez, que amenizaron a función, púxose o broche de ouro a unha sesión moi especial que rematou cun berro intenso e unánime:

LONGA VIDA AO ‘TITIRICIRCUS’!

Señoras e señores, nenas e nenos… Hai moito tempo había un circo moito máis grande ca este; tiña un teito enorme, e só o home máis forte da Península Ibérica era quen de levantalo: o señor BIGOTINI!

"Titiricircus", Kalandraka (2012).

Naquel circo había de todo: pallasos, trapecistas, equilibristas, domadores… e tamén un gran malabarista italiano de Celanova. Cunha bóla no nariz e outra bóla no pé facía... O COMBINADO MORTAL! Era... o señor TATO!

"Titiricircus", Kalandraka (2012)

...O encantador de cobras, coa súa música misteriosa enfeitizouna e fíxoa levitar. Era o gran... PALINDRANAT!

"Titiricircus", Kalandraka (2012)

...Unha tarde paseando por unha rúa de Redondela, os titiriteiros atoparon unha roda e con ela un avó do lugar fíxolles un monociclo. A aquel home gustoulle tanto o invento que agora é o monociclista do espectáculo: o señor VENANCIO!

"Titiricircus", Kalandraka (2012).

-----------------------------

...Desde José Leitão, el fundador y director de Art’Imagem, la veterana compañía portuguesa que un buen día del año 1987 invitó a los integrantes de Tanxarina a acompañarles en una gira por Austria y Bélgica, que deparó las actuaciones en la calle que darían lugar a “Titiricircus”; hasta el realizador redondelado Fernando ‘Cuchi’ Carreira, que presentó la primera versión del documental “25 anos do Titiricircus”, con imágenes del espectáculo y entrevistas con los intérpretes; pasando por el director de Kalandraka, Xosé Ballesteros. Y por supuesto, los protagonistas de este homenaje: Tatán, Miguel Borines, Andrés Giráldez, y el ilustrador del álbum, Pablo ‘O Pastor’. Los cuatro hicieron un repaso por la trayectoria de Tanxarina, llena de divertidos y entrañables recuerdos. Colgados en su coqueto teatrillo, los títeres observaban con atención la evolución de los acontecimientos.

Los aplausos del público les animaron a hacer una pequeña exhibición de sus respectivos talentos: el señor Bigotini hizo el pino, el gran Palindranat tocó su flauta mágica tras acostarse en la cama de púas, el señor Tato arrancó sonoras carcajadas del respetable haciendo malabarismos, y el señor Venancio dio varias vueltas en su veloz monociclo. Con la música de Álex Fente, Fernando Román, Alberto Barreiro ‘Warren’ y Xosé Pérez, que amenizaron la función, se puso el broche de oro a una sesión muy especial que concluyó con un grito intenso y unánime:

LARGA VIDA AL ‘TITIRICIRCUS’!