O artista plástico Eduardo Baamonde presentará o seu novo libro de acuarelas, "Cambados", este xoves 13 de decembro ás 20:00 horas no Auditorio Municipal da Xuventude, de Cambados. As librarías Ramón Cabanillas e Contos organizan este encontro no que Baamonde -arroupado polo profesor Chema Heras, do consello editorial do selo FAKTORÍA K- explicará o seu método de traballo e a visión alternativa que pretende dar da súa vila de adopción, na que reside dende hai dúas décadas.

Coa súa inseparable caixa de pinturas, un prácido paseo en bicicleta precede a sesión na que Eduardo Baamonde trasladará ao caderno o percorrido da súa retina, plasmando -con pinceladas tenues e lixeiras- a intensidade da luz, os contrastes cromáticos, a harmonía entre a terra e o mar. O viaxeiro curioso, o turista que busca un recordo orixinal da súa visita, ou mesmo o propio habitante entusiasta de Cambados, poden gozar xa destes retallos visuais nunha edición trilingüe (galego, castelán, inglés).

------------------------------------------------

El artista plástico Eduardo Baamonde presentará su nuevo libro de acuarelas, "Cambados", este jueves 13 de diciembre a las 20:00 horas en el Auditorio Municipal da Xuventude, de Cambados. Las librerías Ramón Cabanillas y Contos organizan este encuentro en el que Baamonde -arropado por el profesor Chema Heras, del consejo editorial del sello FAKTORÍA K- explicará su método de trabajo y la visión alternativa que pretende dar de su pueblo de adopción, donde reside desde hace dos décadas.

Con su inseparable caja de pinturas, un plácido paseo en bicicleta precede la sesión en la que Eduardo Baamonde trasladará al cuaderno el recorrido de su retina, plasmando -con pinceladas tenues y ligeras- la intensidad de la luz, los contrastes cromáticos, la armonía entre la tierra y el mar. El viajero curioso, el turista que busca un recuerdo original de su visita, o incluso el propio habitante entusiasta de Cambados, pueden disfrutar ya de estos retazos visuales en edición trilingüe (castellano, gallego e inglés).

...Desde a miña bicicleta mirei a vila como se fose a primeira vez, e fun descubrindo cada día novos detalles e puntos de vista. Non só quixen representar os encadramentos máis emblemáticos e reproducidos de Cambados, senón tamén a riqueza patrimonial e paisaxística a partir de ángulos inéditos, determinantes á hora de captar a súa verdadeira personalidade. As casas mariñeiras, o peirao, as embarcacións, as palmeiras e os hórreos son tan suxestivos como os pazos, as torres e as igrexas...

Pola súa beleza paisaxística, a monumentalidade do seu patrimonio histórico e a riqueza da súa cultura, Cambados é unha das localidades de maior atractivo turístico de Galicia en xeral, e das Rías Baixas en particular. O artista plástico Eduardo Baamonde escolleu 40 recunchos desta vila para inmortalizalos coas súas acuarelas e compartir cos visitantes e coa propia veciñanza unha ollada que vai máis aló da panorámica aberta e do detalle, para captar a esencia da luz, da pedra e do mar.

Baamonde enxalza a personalidade mariñeira de Cambados con estampas que van dende os barcos no peirao de Tragove ata as casas do barrio ribeirán de San Tomé, enlazando ademais coa faceta agraria dos viñedos de albariño que tanta sona lle dan ao municipio. A arquitectura tradicional, relixiosa e civil ocupa unha parte importante deste caderno de viaxe: hórreos e muíños, igrexas e pazos. Nestes últimos destacan de maneira ineludible os de Fefiñáns, Torrado, Ulloa, Montesacro e A Capitana. Tampouco faltan lugares emblemáticos como o Museo Ramón Cabanillas e a Casa Valle Inclán, dous dos persoeiros literarios vencellados a Cambados.

Un libro que non só intenta namorar a retina, senón tamén que o lector visual desta obra deixe a súa impronta anotando impresións ou lembranzas nas páxinas con espazos en branco.

Eduardo Baamonde (Vilalba, 1962) estudou Historia da Arte, Museoloxía, e Artes e Oficios. Desde 1988 traballa como profesor de Debuxo no Ensino Medio. É autor e ilustrador de varios libros infantís. Como pintor participou en máis de cincuenta mostras individuais e acadou diversos galardóns, sobre todo na modalidade de Pintura Rápida. Outra faceta da súa capacidade pictórica plásmase na realización de murais de gran formato. Debuxante infatigable, sempre sae á rúa acompañado dun caderno e dunha caixiña de acuarelas. Como especialista nesta técnica, asistiu ao X Festival des Aquarellistes de Bagnols-en-Beaujolais (2006). Pola súa afección a facer apuntes de viaxe, colabora habitualmente na páxina Urban Sketchers. Foi finalista no III Certame de Libros de Viaxe convocado por Geoplaneta (2011). Tamén publicou varios libros neste formato, con debuxos que destacan os valores patrimoniais, paisaxísticos e culturais de Santiago, a Mariña de Lugo, o Val do Salnés, O Grove ou Cambados. Foi seleccionado para expoñer na XIII Biennale de Carnet de Voyage de Clermont Ferrand (2012).

-----------------------------------

...Desde mi bicicleta he visto el pueblo como si fuera la primera vez, descubriendo cada día nuevos detalles y puntos de vista. No solo he querido representar los encuadres más emblemáticos y reproducidos de Cambados, sino también la riqueza patrimonial y paisajística a partir de ángulos inéditos, determinantes a la hora de captar su verdadera personalidad. Las casas marineras, el puerto, las embarcaciones, las palmeras y los hórreos son tan sugerentes como los pazos, las torres y las iglesias...

Por su belleza paisajística, la monumentalidad de su patrimonio histórico y la riqueza de su cultura, Cambados es una de las localidades de mayor atractivo turístico de Galicia en general, y de las Rías Baixas en particular. El artista plástico Eduardo Baamonde escogió 40 rincones de este pueblo para inmortalizarlos con sus acuarelas y compartir con los visitantes y con el propio vecindario una mirada que va más allá de la panorámica abierta y del detalle, para captar la esencia de la luz, la piedra y el mar.

Baamonde ensalza la personalidad marinera de Cambados con estampas que van desde los barcos en el muelle de Tragove hasta las casas del barrio litoral de San Tomé, enlazando además con la faceta agraria de los viñedos de albariño que tanta fama le dan a este municipio. La arquitectura tradicional, religiosa y civil ocupa una parte importante de este cuaderno de viaje: hórreos y molinos, iglesias y pazos. En estos últimos destacan de manera ineludible los de Fefiñáns, Torrado, Ulloa, Montesacro y A Capitana. Tampoco faltan lugares emblemáticos como el Museo Ramón Cabanillas y la Casa Valle Inclán, dos de los personajes literarios vinculados a Cambados.

Un libro que no solo intenta enamorar la retina, sino también que el lector visual de esta obra deje su impronta anotando impresiones o recuerdos en las páginas con espacios en blanco.

Eduardo Baamonde (Vilalba, 1962) estudió Historia del Arte, Museología, y Artes y Oficios. Desde 1988 trabaja como profesor de Dibujo en la Enseñanza Media. Es autor e ilustrador de varios libros infantiles. Como pintor participó en más de cincuenta muestras individuales y consiguió diversos galardones, sobre todo en la modalidad de Pintura Rápida. Otra faceta de su capacidad pictórica se plasma en la realización de murales de gran formato. Dibujante infatigable, siempre sale a la calle acompañado de un cuaderno y una pequeña caja de acuarelas. Como especialista en esta técnica, asistió al X Festival des Aquarellistes de Bagnols-en-Beaujolais (2006). Por su afición a hacer apuntes de viaje, colabora habitualmente en la página Urban Sketchers. Fue finalista en el III Certamen de Libros de Viaje convocado por Geoplaneta (2011). También publicó varios libros en este formato, con dibujos que destacan los valores patrimoniales, paisajísticos y culturales de Santiago, la Mariña de Lugo, el Val do Salnés, O Grove o Cambados. Fue seleccionado para exponer en la XIII Biennale de Carnet de Voyage de Clermont Ferrand (2012).