'PALABRAS NO AR'... EN ALLARIZ
O equipo de PALABRAS NO AR chega esta semana a Allariz, no corazón da provincia de Ourense, para desenvolver -no marco da campaña Bocaberta- as súas actividades de dinamización lingüística. Obradoiros de oralidade, de escrita creativa e sesións de contos con música ocuparán o tempo de todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria da vila, que visirán a Biblioteca Municipal do 22 de setembro ao 2 de outubro.
Nesta ocasión, as actividades extenderanse á Escola Infantil “A Galiña Azul” da vila alaricana, así como aos centros de ensino dos concellos veciños de Sandiás, Baños de Molgas, A Merca, Taboadela, Paderne de Allariz e San Cibrao das Viñas. Velaquí a oferta de actividades de PALABRAS NO AR:
Día 22 de setembro:
– 10:30 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Obradoiro de oralidade
– 12:00 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Obradoiro de oralidade
Día 23 de setembro:
– 9:30 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Obradoiro de oralidade
– 10:45 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Obradoiro de oralidade
– 12:00 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Obradoiro de oralidade
Día 24 de setembro:
– 10:30 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Obradoiro de escrita creativa
– 12:00 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Obradoiro de escrita creativa
Día 25 de setembro:
– 10:30 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Obradoiro de escrita creativa
– 12:00 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Obradoiro de escrita creativa
Día 28 de setembro:
– 10:30 E.E.I. SANTA CRUZ : Sesión de contos con música (para nenos e nenas de San Cibrao/Paderne/Taboadela)
– 12:00 C.E.I.P. BAÑOS DE MOLGAS: Sesión de contos con música
Día 29 de setembro:
– 10:30 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Sesión de contos con música
– 12:00 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Sesión de contos con música
Día 30 de setembro:
– 10:30 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Sesión de contos con música
– 12:00 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Sesión de contos con música
Día 1 de outubro:
– 10:45 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Sesión de contos con música
– 12:00 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Sesión de contos con música
– 3:00 CEIP SANDIAS: Sesión de contos con música
Día 2 de outubro:
– 10: 45 BIBLIOTECA MUNICIPAL: Sesión de contos con música
– 12:15 C.E.I.P. A MERCA: Sesión de contos con música
E como en anteriores ocasións, a campaña rematará -na semana do 12 ao 16 de outubro- coa emisión, en Radio Allariz (107.2 fm), dos programas PALABRAS NO AR, onde se fará un repaso ás creacións dos nenos e nenas participantes nas sesións e nos obradoiros.
Seguide atentos a seu blog, onde se poderá facer un seguemento diario de canto acontece na estandía ourensá de KALANDRAKA.
Ver a nota informativa.