Cartel da campaña "Palabras no ar"

Preto de 600 escolares de Fene participarán a partir deste luns e ao longo de toda esta derradeira semana de maio, na Campaña de Animación Lingüística PALABRAS NO AR, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e KALANDRAKA. O programa de actividades previsto desenvolverase no CPI A Xunqueira, de San Valentín; os CEIP As Centieiras, Os Casais, Santa Mariña e O Ramo, de Perlío, Maniños, Sillobre e Barallobre, respectivamente; e o Colexio Jorge Juan, de Perlío. Tamén se sumarán alumnos e alumnas da Escola Infantil de Limodre e de Fonte do Campo.
--------------------------
Unos 600 escolares de Fene participan desde este lunes, y durante toda esta última semana de mayo, en la Campaña de Animación Lingüística PALABRAS NO AR, organizada por la Secretaría Xeral de Política Lingüística de la Xunta y KALANDRAKA. El programa de actividades previsto se desarrollará en el CPI A Xunqueira, de San Valentín; los CEIP As Centieiras, Os Casais, Santa Mariña y O Ramo, de Perlío, Maniños, Sillobre y Barallobre, respectivamente; y el Colegio Jorge Juan, de Perlío. También se sumarán alumnos y alumnas de la Escuela Infantil de Limodre y de Fonte do Campo.

As sesións de contos e música forman parte do programa de actividades de "Palabras no ar" 

Levaranse a cabo 10 sesións de contacontos e música ás que asistirán un total de 350 rapaces e rapazas de Educación Infantil e 1º ciclo de Primaria. As xornadas completaranse con seis obradoiros de oralidade para 126 escolares e outros catro talleres de escrita creativa destinados a 114 cativos de 2º e 3º ciclo de Primaria.

Luns 25:
Contos e música para escolares do CPI A Xunqueira e Fonte do Campo

Martes 26:
Contos e música no CEIP As Centieiras e obradoiro de oralidade no CEIP Os Casais

Mércores 27:
Contos e música no Colexio Jorge Juan e no CEIP Santa Mariña de Sillobre. Obradoiro de oralidade no CEIP As Centieiras e taller de escrita nese mesmo centro.

Xoves 28:
Contos e música no CEIP O Ramo e no CEIP Os Casais, coa incorporación de escolares da EEI de Limodre. Obradoiros de escrita e de oralidade no CEI A Xunqueira

Venres 29:
Obradoiro de oralidade e taller de escrita no CEIP O Ramo

Alumnos e alumnas do Colexio A Xunqueira ceip-centieiras Fachada do CEIP O Ramo

O obxectivo das sesións de contos e música é que a oralidade e o ritmo lles axuden os nenos e as nenas no seu proceso de aprendizaxe e que a lingua estea presente dende os primeiros anos como elemento imprescindible para apoialos no difícil camiño da socialización. O repertorio de contos variará en función das idades dos escolares e a narración intercalarase con breves explicacións sobre os instrumentos musicais que se empreguen, como clarinete, frauta ou pandeireta. Os relatos complementaranse con cantigas, retahilas, refráns, adiviñas e outros textos propios do folclore infantil galego.

En canto aos obradoiros de oralidade, pretenden desenvolver estratexias lúdicas e creativas para fomentar o uso do galego como vehículo de comunicación, mentres que os talleres de escrita creativa terán como eixo motivador un conto a partir do cal se lle proporá unha actividade de escrita que, ademáis de ser en galego, pretende favorecer a creatividade e potenciar a imaxinación dos asistentes.

O Blog de PALABRAS NO AR fará un seguemento diario das actividades, con imaxes das sesións e resumes das actividades. Tamén se amosará unha escolma dos traballos que se vaian realizando nos obradoiros. Animamos aos alumnos e alumnas, ao persoal docente dos centros e a toda a comunidade escolar, a participar activamente na confección deste blog, cos seus comentarios e suxerencias, para facer desta ferramenta tecnolóxica un foro aberto e participativo da Campaña.

E como colofón, Radio Fene emitirá á semana seguinte, a través da súa frecuencia no 107.7 da FM, un espazo diario de 10 minutos de duración, no que se escoitarán as voces dos protagonistas de PALABRAS NO AR, lendo as súas creacións literarias, recitando poemas, participando e opinando sobre as sesións de contos. En definitiva, pensando e expresándose en galego. Todos os escolares recibirán unha copia dos programas radiofónicos e cada centro educativo quedará cun lote de libros do catálogo de KALANDRAKA para que os docentes sigan desenvolvendo nas aulas, ao longo do curso, as receitas para animar a ler e a falar na nosa lingua.

-----------------------------------------------------------------------

Las sesiones de cuentos y música forman parte del programa de actividades de "Palabras no ar"

Se llevarán a cabo 10 sesiones de cuentacuentos y música a las que asistirán un total de 350 niños y niñas de Educación Infantil y 1º ciclo de Primaria. Las jornadas se completarán con seis talleres de oralidad para 126 escolares y otros cuatro talleres de escrita creativa destinados a 114 escolares de 2º y 3º ciclo de Primaria.

Lunes 25:
Cuentos y música para escolares del CPI A Xunqueira y Fonte do Campo

Martes 26:
Cuentos y música en el CEIP As Centieiras y taller de oralidad en el CEIP Os Casais

Miércoles 27:
Cuentos y música en el Colegio Jorge Juan y en el CEIP Santa Mariña de Sillobre. Taller de oralidad en el CEIP As Centieiras y taller de escrita en ese mismo centro.

Jueves 28:
Cuentos y música en el CEIP O Ramo y en el CEIP Os Casais, con la incorporación de escolares de la EEI de Limodre. Talleres de escrita y oralidad en el CEI A Xunqueira

Viernes 29:
Taller de oralidad y taller de escrita en el CEIP O Ramo

 CEIP Os Casais Colegio Jorge Juan CPI A Xunqueira

El objetivo de las sesiones de cuentos y música es que la oralidad y el ritmo les ayuden a los niños y niñas en su proceso de aprendizaje y que la lengua esté presente desde los primeros años como elemento imprescindible para apoyarles en el difícil camino de la socialización. El repertorio de cuentos variará en función de las edades de los escolares y la narración se intercalará con breves explicaciones sobre los instrumentos musicales que se utilicen, como clarinete, flauta o pandereta. Os relatos se complementarán con cantigas, retahílas, refranes, adivinanzas y otros textos propios del folclore infantil gallego.

En cuanto a los talleres de oralidad, pretenden desarrollar estrategias lúdicas y creativas para fomentar el uso del gallego como vehículo de comunicación, mientras que los talleres de escrita creativa tendrán como eje motivador un cuento a partir del cual se le propondrá una actividad de escrita que, además de ser en gallego, pretende favorecer la creatividad y potenciar la imaginación de los asistentes.

El Blog de PALABRAS NO AR hará un seguimiento diario de las actividades, con imágenes de las sesiones y resúmenes de las actividades. También se mostrará una selección de los trabajos que se vayan realizando en los talleres. Animamos a los alumnos y alumnas, al personal docente de los centros y a toda la comunidad escolar, a participar activamente en la confección de este blog, con sus comentarios y sugerencias, para facer de esta herramienta tecnológica un foro abierto y participativo de la Campaña.

Y como colofón, Radio Fene emitirá a la semana siguiente, a través de su frecuencia en el 107.7 de la FM, un espacio diario de 10 minutos de duración, en el que se escucharán las voces de los protagonistas de PALABRAS NO AR, leyendo sus creaciones literarias, recitando poemas, participando y opinando sobre las sesiones de cuentos. En definitiva, pensando y expresándose en gallego. Todos los escolares recibirán una copia de los programas radiofónicos y cada centro educativo recibirá un lote de libros del catálogo de KALANDRAKA para que los docentes sigan desarrollando en las aulas, a lo largo del curso, las recetas para animar a leer y hablar en su lengua.