XIV Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

Os nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP Raíña Fabiola foron os primeiros en participar nas sesións de contacontos e música que ofrece a XIV Campaña de Animación á Lectura. "Mamá", de Mariana Ruíz Johnson, que gañou o VII Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, e no que se centra a imaxe gráfica e o lema de Campaña, é un dos relatos do repertorio, que tamén inclúe os clásicos "Boa noite, bufo!", de Pat Hutchins, e "Onde viven os monstros", de Maurice Sendak.

Tamén comezaron os obradoiros de ilustración e de escrita creativa, impartidos por Pablo Otero e por Alberto Barreiro. Neste caso, con escolares de 2º e 3º ciclo de Primaria pertencentes ao CEIP de Vite.

XIV Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

XIV Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

XIV Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

XIV Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

XIV Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

XIV Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

XIV Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

XIV Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

XIV Campaña de Animación á Lectura de Santiago.

XIV Campaña de Animación á Lectura de Santiago.XIV Campaña de Animación á Lectura de Santiago.