Nuccio Ordine, en Compostela.

“A lóxica da empresa destrúe a cultura”. Foi unha das frases máis rotundas que pronunciou o filósofo e profesor Nuccio Ordine na presentación do seu libro, “A utilidade do inútil”, que vén de incorporarse á colección ÁGORA K do selo FAKTORÍA K DE LIBROS.

Nuccio Ordine, en Compostela.

[Presentación de "A utilidade do inútil" na Facultade de Filosofía da USC]

Nuccio Ordine, en Compostela.

Unha colección que conta con títulos como “Indignádevos!”, de Stéphane Hessel, o compendio de artigos reunidos en “A revolta dos indignados” e “Ocupa a economía. Cuestionando o capitalismo”, de Richard Wolff e David Barsamian. Propostas para alimentar o pensamento crítico da sociedade, como lembrou o director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros; para contribuír á reflexión, engadiu o catedrático de Historia da Educación na Universidade de Santiago, Antón Costa, que gabou a oportunidade da obra de Nuccio Ordine no momento actual no que o profesorado universitario precisa recuperar o protagonismo da súa función docente nas aulas.

Nuccio Ordine, en Compostela.

“¿Que deben facer os profesores?”, preguntaba Nuccio Ordine, “investigar para aprender e darlles clase aos seus alumnos”, precisaba o autor. Pola contra, “os ministros pídenlles aos profesores que sexan burócratas a tempo completo”, lamentaba. “Un profesor que entra na aula sen paixón  está comentendo un crime porque non activa o interese dos seus estudantes, porque mata os seus estudantes”, advertía Ordine.

Nuccio Ordine, en Compostela.

En “A utilidade do inútil” critica que “as últimas reformas educativas rebaixan o nivel do ensino”. Neste contexto de “loucura total”, lamenta o autor italiano, “a única maneira de ensinar é ser un profesor rebelde, que non respecte ningunha norma imposta por un ministro”.

Antón Costa, catedrático de Historia da Educación na USC.

Fronte á “rapidez” do día a día e á “superficialidade” do ensino na actualidade, Nuccio Ordine reivindica a vixencia dos textos e dos autores clásicos, que foron relegados “a un recuncho”. Neles está o estímulo necesario para que os profesores fagan entender ao alumnado a importancia da arte, da literatura, da música… dos saberes fundamentais “para a vida”.

Nuccio Ordine, en Compostela.

Nese sentido, Ordine afirmou que “a Universidade debería ser un lugar de resistencia fronte ao capitalismo”. Como a cultura, á que tamén se referiu como “unha forma de resistencia á barbarie do utilitarismo”. Nuccio Ordine insistiu na súa oposición ao efecto desvirtuador do utilitarismo nos bens culturais: “Vivimos en países privilexiados, que son museos ao aire libre”, explicou o autor en alusión ás obras de arte que posúen tanto Italia como o Estado español.

Nuccio Ordine, en Compostela. Nuccio Ordine, en Compostela.

Nuccio Ordine, en Compostela. Nuccio Ordine, Xosé Ballesteros e Antón Costa

Precisamente, no contexto europeo, Ordine alertou da “crise profunda que está vivindo Europa”, en especial ante o drama da inmigración: “Non é só un problema italiano ou grego”, sinalou o intelectual italiano ao referirse “á morte de milleiros de persoas no Mediterráneo”. Por iso, a diferenza dunha Europa concebida como “un conxunto de países solidarios”, Nuccio Ordine rexeitou que os países comunitarios “miran cada un polo seu propio interese”.

Nuccio Ordine, en Compostela.

[Entrevista para o programa Zig-Zag da TVG na Cidade da Cultura]

A clave para revertir esta situación está no poder da cultura e nos beneficios que lle aporta á humanidade: porque o coñecemento non se pode mercar con diñeiro; porque a cultura non se rexe polas leis do mercado; porque o intercambio intelectual “non empobrece a ninguén e alimenta a todos”, lembrou Ordine.

Nuccio Ordine, en Compostela.

Nuccio Ordine, en Compostela.