"Fago versos sinxelamente humanos (non escribimos para os paquidermos). Non penso no politicamente correcto, nin sequera no poeticamente correcto, xa que a perfección sempre ten algo de falso".

Manuel Álvarez Torneiro, Premio Nacional de Poesía 2013 por "Os ángulos da brasa", no Suplemento Culturas de La Voz de Galicia (19 de outubro de 2013).

"...Velaí como chega e conmove Torneiro coa súa voz de habitante único, rigorosamente humano, sendo memoria do silencio, restaurando os días desde o epicentro dos reinos do fulgor. Non lle cómpre botar man de lucerías deslumbrantes nin amorear ringleiras de epítetos a quen é quen de trabar o verso son emoción silandeira, sempre na procura da verdade".

Luís González Tosar

"...A concesión do Premio Nacional de Poesía ao seu último libro esixiría, ao meu ver, unha posta ao día da súa obra, cando menos unha antoloxía actualizada e dispor a tradución da súa obra a outras linguas".

Ramón Nicolás, publicado no suplemento Culturas de La Voz de Galicia e no blogue 'Caderno da crítica'.