Julia Díaz y David Álvarez son os gañadores do V Premio Internacional Compostela de álbum Ilustrado pola obra titulada "Bandada". Con motivo da súa viaxe a Santiago, procedentes de México, para recoller este galardón, mantiveron un encontro con estudantes de Bacharelato Artístico do IES do Sar, para explicarlles a súa experiencia como ilustradores a partir da elaboración deste traballo.

"Bandada" é o súa primeira obra publicada, pero vén sendo o segundo proxecto de álbum ilustrado no que traballan, despois do traballo inédito "Melena de mago".

Julia Díaz e David Álvarez souberon da existencia do Premio Internacional Compostela e presentaron este traballo ao certame co lema "Parvada" -bandada en México-, materializado nunha pequena maqueta que gardan coma ouro en paño.

Tamén amosaron unha parte dos moitísimos bosquexos que realizaron ao longo de máis dun ano, o tempo que durou o proceso de creación.