IBBY: LIBROS ACCESIBLES 2023

 

«Nicolás cocina sin fuego» y «Mi Lazarilla, mi Capitán» han sido elegidos por IBBY para formar parte de la selección de Libros destacados para jóvenes con discapacidad 2023, que consta de 40 títulos en 17 idiomas procedentes de 24 países. Se trata de una bibliografía que impulsa la Biblioteca Pública de Toronto y que se renueva cada dos años con el objetivo de “aumentar las oportunidades para que las personas de todas las capacidades lean de forma independiente con libros accesibles”.

La obra protagonizada por Nicolás, creada por la Asociación BATA e ilustrada por Alicia Suárez, está adaptada al sistema de pictogramas. Además de los sistemas de comunicación para personas en el espectro del autismo, otros títulos seleccionados por IBBY incluyen formatos como Braille, lengua de signos, ilustraciones táctiles o con texturas, fuentes tipográficas compatibles con la dislexia y otras propuestas de diseño. 

«Nicolás cocina sin fuego» pertenece a la colección Makakiños de fácil lectura, creada con la Asociación BATA para acercar la lectura a personas con necesidades de apoyo educativo a través de adaptaciones de cuentos tradicionales y de autor. Esta obra, junto con «Nicolás va de compras» y «Nicolás va a la biblioteca» forma parte de la serie Día a día, una línea editorial complementaria y enfocada a dar apoyo a estas lectoras y lectores en su camino por adquirir autonomía e intercomunicarse en el entorno.

Con este libro de recetas se preparan platos sanos, nutritivos y sabrosos elaborados de forma sencilla, sin ningún proceso de cocción. Además de los textos adaptados al sistema de pictogramas SPC, basado en dibujos y colores, esta publicación también contiene pegatinas a modo de diccionario mímico, para que los usuarios puedan mostrarlas cuando preparen las recetas. Las ilustraciones de Alicia Suárez destacan por su colorido y refuerzan el carácter lúdico de las tareas culinarias.

«Mi Lazarilla, mi Capitán», del escritor Gonzalo Moure y la artista Maria Girón, narra la historia de padre y una hija, y la capacidad de ambos para ver más allá de sus limitaciones visuales. Porque vivir en la oscuridad o tener un campo de visión reducido no tienen por qué impedir el desarrollo de una vida plena que, como en el caso de estos personajes, convierte el trayecto a la escuela en una aventura donde la ciudad se transforma en una selva con criaturas y sonidos fascinantes, o un paso de peatones en el puente sobre un caudaloso río. El relato transcurre en un escenario urbano lleno de luz y alegría con animales salvajes, adorables compañeros de caminata que habitan en la imaginación de la protagonista.

 

 

«Nicolás cociña sen lume» e «Miña Guía, meu Capitán» foron elixidos por IBBY para formar parte da selección de Libros destacados para mozas e mozos con discapacidade 2023, que consta de 40 títulos en 17 idiomas procedentes de 24 países. Trátase dunha bibliografía que impulsa a Biblioteca Pública de Toronto e que se renova cada dous anos co obxectivo de “aumentar as oportunidades para que as persoas de todas as capacidades lean de forma independente con libros accesibles”.

A obra protagonizada por Nicolás, creada pola Asociación BATA e ilustrada por Alicia Suárez, está adaptada ao sistema de pictogramas. Ademais dos sistemas de comunicación para persoas no espectro do autismo, outros títulos seleccionados por IBBY inclúen formatos como Braille, lingua de signos, ilustracións táctiles ou con texturas, fontes tipográficas compatibles coa dislexia e outras poropostas de deseño.

«Nicolás cociña sen lume» forma parte da colección Makakiños de fácil lectura, creada coa Asociación BATA para achegar a lectura a persoas con necesidades de apoio educativo a través de adaptacións de contos tradicionais e de autor. Esta obra, xunto con «Nicolás va de compras» e «Nicolás va a la biblioteca» forma parte da serie Día a día, unha liña editorial complementaria e enfocada a dar apoio a estas lectoras e lectores no seu camiño por adquirir autonomía e intercomunicarse na contorna.

Con este libro de recetas prepáranse pratos saudables, nutritivos e saborosos elaborados de xeito sinxelo, sen ningún proceso de cocción. Ademais dos textos adaptados ao sistema de pictogramas SPC, baseado en debuxos e cores, esta publicación tamén contén adhesivos a modo de dicionario mímico, para que os usuarios poidan amosalas cando preparen as receitas. As ilustracións de Alicia Suárez destacan polo seu colorido e reforzan o carácter lúdico das tarefas culinarias.

«Miña Guía, meu Capitán», do escritor Gonzalo Moure e da artista Maria Girón, narra a historia dun pai e dunha filla, e da capacidade de ambos os dous para ver máis aló das súas limitacións visuais. Porque vivir na escuridade ou ter un campo de visión reducido non ten por que impedir o desenvolvemento dunha vida plena que, como no caso destes personaxes, converte o traxecto á escola nunha aventura onde a cidade se transforma nunha selva con criaturas e sons fascinantes, ou un paso de peóns na ponte sobre un caudaloso río. O relato transcorre nun escenario urbano cheo de luz e de ledicia con animais salvaxes, adorables compañeiros de camiñada que habitan na imaxinación da pequena protagonista.

.