Concerto 'Hércules e Crunia' na Coruña

Edición, música e ilustración, unidas neste Nadal para conmemorar o 800 aniversario da fundación da Coruña. A banda Acuña Jazz interpretou pezas inspiradas nesta obra, que afonda nas raíces mitolóxicas da cidade. O público puido admirar as ilustracións orixinais do artista coruñés David Pintor para este libro que narra a loita entre Hércules e o xigante Xerión.
--------------------------------------------
Edición, música e ilustración, unidas esta Navidad para conmemorar el 800 aniversario de la fundación de A Coruña. La banda Acuña Jazz interpretó piezas inspiradas en esta obra, que ahonda en las raíces mitológicas de la ciudad. El público pudo admirar las ilustraciones originales del artista coruñés David Pintor para este libro que narra la lucha entre Hércules y el girante Gerión.


Na súa versión en castelán, o libro inclúe un cd con música interpretada pola banda Jazz Skills, dirixida por José Acuña. Na actuación desta tarde no Centro Cívico Os Maios, Santiago Fernández foi o narrador da historia, ao tempo que se proxectaban as ilustracións.

Concerto na Coruña a partir da obra "Hércules e Crunia" 

A música introduce diferentes ritmos, dende a bossanova ata o swing, convertendo esta obra nun "poema jazzfónico" co que se enxalza a idea da Coruña como "cidade de cristal, balcón aberto ao mar". A Acuña Jazz Band está formada por unha ducia de músicos que interpretan temas propios e clásicos dos anos 60 e 70, pertencentes a estilos que van dende o blues á samba. José Acuña, formado academicamente na Guildhall School of Music and Drama de Londres, dirixe actualmente a Escola Municipal de Música da Coruña e a Aula de Jazz da mesma.

Exposición das ilustracións orixinais de David Pintor

Na proposta estética de David Pintor destaca o protagonismo da paisaxe, principalmente o mar, convertido nun personaxe máis do libro. David Pintor é artista plástico e humorista gráfico do dúo Pinto&Chinto. Como ilustrador ten colaborado con editoriais como KALANDRAKA e FAKTORÍA K, entre outras. A súa obra participou en exposicións a nivel nacional e internacional. Foi seleccionado en 2007 para a Mostra da Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Bolonia (Italia). Recibiu diversos galardóns no ámbito do deseño e da pintura.

Ilustración de David Pintor para "Hércules e Crunia"

Nas súas orixes, "Hércules e Crunia" formaba parte do Programa Educativo Municipal "Descobre a música", organizado por José Antonio Abad, que é o autor deste texto. Tamén escribiu outros títulos para lectores infantís, como "O oso fabuloso", editado por KALANDRAKA na colección Sondeconto, coa colaboración da Orquestra Sinfónica de Galicia, entidade na que Abad dirixiu o departamento de Divulgación da Música. Máis recentemente, traballa na organización dos concertos didácticos para público familiar que se celebran no Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (Macuf).

A Acuña Jazz Band interpretando "Hércules e Crunia"

Santiago Fernández dirixe xunto con Manuel Lourenzo a Escola de Teatro Casa Hamlet e colabora nos concertos didácticos da Orquestra Sinfónica de Galicia. Participou como narrador nos libro-discos "A memoria das árbores" e "Gatipedro", editados por KALANDRAKA. Ademais de especialista en Arte Dramática, tamén traballa como actor de dobraxe e de cine e televisión.

----------------------------------------------------

En su versión en castellano, el libro incluye un cd con música interpretada por la banda Jazz Skills, dirigida por José Acuña. En la actuación de esta tarde en el Centro Cívico Os Maios, Santiago Fernández fue el narrador de la historia, mientras se proyectaban las ilustraciones.

La música introduce diferentes ritmos, desde la bossanova al swing, convirtiendo esta obra en un "poema jazzfónico" con el que se ensalza la idea de Coruña como "ciudad de cristal, balcón abierto al mar". La Acuña Jazz Band está formada por unos doce músicos que interpretan temas propios y clásicos de los años 60 y 70, de estilos que van desde el blues a la samba. José Acuña, formado académicamente en la Guildhall School of Music and Drama de Londres, dirige actualmente la Escuela Municipal de Música de A Coruña y el Aula de Jazz de la misma.

La Acuña Jazz Band interpreta "Hércules y Crunia"

En la propuesta estética de David Pintor destaca el protagonismo del paisaje, principalmente el mar, convertido en un personaje más del libro. David Pintor es artista plástico y humorista gráfico del dúo Pinto&Chinto. Como ilustrador ha colaborado con editoriales como KALANDRAKA y FAKTORÍA K, entre otras. Su obra participó en exposiciones a nivel nacional e internacional. Fue seleccionado en 2007 para la Muestra de la Feria Internacional del Libro Infantil y Juvenil de Bolonia (Italia). Recibió diversos galardones en el ámbito del diseño y la pintura.

Exposición de ilustraciones de David Pintor

En sus orígenes, "Hércules y Crunia" formaba parte del Programa Educativo Municipal "Descubre la Música", organizado por José Antonio Abad, que es el autor de este texto. También escribió otros títulos para lectores infantiles, como "El oso fabuloso", editado por KALANDRAKA en la colección Sondecuento, con la colaboración de la Orquesta Sinfónica de Galicia, entidad en la que Abad dirigió el departamento de Divulgación de la Música. Más recientemente, trabaja en la organización de los conciertos didácticos para público familiar que se celebran en el Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (Macuf).

Santiago Fernández dirige junto con Manuel Lourenzo la Escuela de Teatro Casa Hamlet y colabora en los conciertos didácticos de la Orquesta Sinfónica de Galicia. Participó como narrador en los libro-discos "La memoria de los árboles" y "Gatipedro", editados por KALANDRAKA. Además de especialista en Arte Dramático, también trabaja como actor de doblaje de cine y televisión.

Puesto de la librería Sisargas, con ejemplares de "Hércules y Crunia"