Fernando Pessoa, selección poética”, traducido por Xosé Ballesteros, ilustrado por el artista luso Pedro Proença y publicado en la colección Trece Lunas del sello FAKTORÍA K, ha sido distinguido con el 3º Premio Nacional a los Libros Mejor Editados 2015, en el apartado de Obras Generales y de Divulgación. El jurado ha valorado 143 títulos clasificados en cinco categorías. Los galardonados por el Ministerio de Cultura se van a exponer en las ferias internacionales de Liber, Frankfurt y Leipzig.

Se trata de un acercamiento a la obra de uno de los escritores más singulares del siglo pasado. Pessoa y sus heterónimos ―que surgieron de su tendencia “a la despersonalización y la simulación”, en palabras del propio autor― crearon un rico universo de imágenes poéticas, comenzando por la rotunda declaración de que “el poeta es un fingidor”.

De la devoción de Pessoa por las vanguardias destacan composiciones que ―como “Hora absurda” o “Lluvia oblicua”― beben del interseccionismo. Esta selección poética en edición bilingüe castellano/portugués ―publicada también  en otro volumen en su lengua original― se completa con poemas que firman Álvaro de Campos, de tipo futurista; Ricardo Reis, de estilo neoclásico; y con el perfil neopaganista que caracteriza a Alberto Caeiro, el heterónimo principal y maestro de los demás.  

Estos textos, que respetan la sintaxis original de Pessoa, se completan con los “collages geométricos” de Pedro Proença. Adoptando el rol interseccionista del poeta, el diseñador combina aleatoriamente fondos de colores sobre los que traza dibujos, tipografías y recortes de revistas.

Tras su paso por la exposición Best Book Design from all over the World (Libros mejor diseñados en todo el mundo) que se celebrará en las ferias internacionales de Frankfurt y Leipzig, “Fernando Pessoa, selección poética” quedará depositado en el Museo Alemán del Libro y la Tipografía, radicado en esta última ciudad germana.

Ilustración de Pedro Proença para "Fernando Pessoa, selección poética".

Ilustración de Pedro Proença para el poema "Hora absurda"
…………………………………

“Fernando Pessoa, selección poética”, traducido por Xosé Ballesteros, ilustrado polo artista luso Pedro Proença e publicado na colección Trece Lúas do selo FAKTORÍA K, vén de ser distinguido co 3º Premio Nacional aos Libros Mellor Editados 2015, no apartado de Obras Xerais e de Divulgación. O xurado valorou 143 títulos clasificados en cinco categorías. Os galardoados polo Ministerio de Cultura vanse expoñer nas feiras internacionais de Liber, Frankfurt e Leipzig.

Trátase dun achegamento á obra dun dos escritores máis singulares do século pasado. Pessoa e os seus heterónimos ―que xurdiron da súa tendencia “á despersonalización e á simulación”, en palabras do propio autor― crearon un rico universo de imaxes poéticas, comezando pola rotunda declaración de que “o poeta é un finxidor”.

Da devoción de Pessoa polas vangardas destacan composicións que ―como “Hora absurda” ou “Chuvia oblicua”― beben do interseccionismo. Esta selección poética en edición bilingüe castelán/portugués ―publicada tamén noutro volume na súa lingua orixinal― complétase con poemas que asinan Álvaro de Campos, de tipo futurista; Ricardo Reis, de estilo neoclásico; e co perfil neopaganista que caracteriza a Alberto Caeiro, o heterónimo principal e mestre dos demais.

Estos textos, que respectan a sintaxe orixinal de Pessoa, complétase cos “collages xeométricos” de Pedro Proença. Adoptando o rol interseccionista do poeta, o deseñador combina aleatoriamente fondos de cores sobre os que traza debuxos, tipografías e recortes de revistas.

Tralo seu paso pola exposición Best Book Design from all over the World (Libros mellor deseñados en todo o mundo) que se celebrará nas feiras internacionais de Frankfurt e Leipzig, “Fernando Pessoa, selección poética” quedará depositado no Museo Alemán do Libro e da Tipografía, radicado nesta última cidade xermana.

Ilustración de Pedro Proença para "Fernando Pessoa, selección poética".

Ilustración de Pedro Proença para o poema "Chuva Oblíqua"