KALANDRAKA celebra este 2 de abril el Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil -y fecha en la que cumple 21 años de trayectoria- participando en la 56ª Feria Internacional del Libro Infantil y Juvenil de Bolonia. Hasta este jueves, la editorial muestra en su stand las novedades publicadas y un adelanto de próximos títulos .

Editoriales, autores e ilustradores, agentes y traductores, profesionales de imprentas y distribuidoras, de librerías y bibliotecas, docentes y mediadores conforman el amplio abanico de representantes del sector del libro y la lectura que se reúnen anualmente en la ciudad italiana. En esta edición, con Suiza como país invitado, se han inscrito más de 1400 expositores procedentes de 70 países.

Por el stand de KALANDRAKA van a pasar durante estos cuatro días el ilustrador Christian Inaraja, cuyas ilustraciones para “Cándido y los demás” -la obra ganadora del XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado- decoran el espacio. También firmarán ejemplares de sus obras Anna Laura Cantone, Guia Risari, Marco Somà, André Neves y Arianna Papini, que el martes día dos presenta su nuevo libro, “Rocco Pescante”, en la librería Ubik.

Entre las aportaciones que presenta KALANDRAKA destaca “Viajeros”, el nuevo volumen de la serie “Animales Extraordinarios”, creada por el profesor Xulio Gutiérrez e ilustrada por Nicolás Fernández; “El secreto de Abuelo Oso”, de Pedro Mañas y Zuzanna Celej; o el libro de arte de la pintora Carmen Hermo sobre la figura de “Man de Camelle”.

Paralelamente, el Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil también se celebra de un modo especial en Compostela, donde continúan las actividades de la XIX Campaña Municipal de Animación a la Lectura, con el lema “Cándido y diez premios más”. El Centro Abanca Obra Social, en la Plaza de Cervantes, es el escenario donde transcurren las sesiones de cuentacuentos y música y las visitas guiadas a la exposición de ilustraciones e instalaciones artísticas, con las obras galardonadas con el Premio Compostela de Álbum Ilustrado como hilo conductor.

Además, también en Compostela, el músico Paco Nogueiras ofrecerá un concierto con las canciones del libro-disco “Radio Bulebule”, a las 18:30 horas en el salón de actos de la Biblioteca Pública Ánxel Casal.

. . . . . . . . . . .

KALANDRAKA celebra o 2 de abril, Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil -e data na que cumpre 21 anos de traxectoria- participando na 56ª Feira Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña. Ata este xoves, a editorial amosa no seu stand as novidades publicadas e un adianto dos próximos títulos.

Editoriais, autores e ilustradores, axentes e tradutores, profesionais das imprentas e das distribuidoras, das librarías e das bibliotecas, docentes e mediadores conforman o amplo abano de representantes do sector do libro e da lectura que se reúnen anualmente na cidade italiana. Nesta edición, con Suiza como país invitado, hai máis de 1400 expositores inscritos procedentes de 70 países.

Polo stand de KALANDRAKA van pasar durante estes días o ilustrador Christian Inaraja, cuxas ilustracións para “Cándido e os demais” -a obra gañadora do XI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado- decoran o espazo. Tamén asinarán exemplares das súas obras Anna Laura Cantone, Guia Risari, Marco Somà, André NevesArianna Papini, que mañá na Libraría Ubik presentará o seu novo libro, “Rocco Pescante”.

Entre as novas achegas que presenta KALANDRAKA destaca “Viaxeiros”, o novo volume da serie “Animais Extraordinarios”, creada polo profesor Xulio Gutiérrez e ilustrada por Nicolás Fernández; “O segredo de Avó Oso”, de Pedro Mañas e Zuzanna Celej; ou o libro de arte da pintora Carmen Hermo sobre a figura de “Man de Camelle”.

Paralelamente, o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil tamén se celebra dun xeito especial en Compostela, onde continúan as actividades da XIX Campaña Municipal de Animación á Lectura, co lema “Cándido e dez premios máis”. O Centro Abanca Obra Social, na Praza de Cervantes, é o escenario onde transcorren as sesións de contacontos e música e as visitas guiadas á exposición de ilustracións e instalacións artísticas, coas obras galardoadas co Premio Compostela de Álbum Ilustrado como fío condutor.

Ademais, tamén en Compostela, o músico Paco Nogueiras ofrecerá un concerto coas cancións do libro-discoRadio Bulebule”, ás 18:30 horas no salón de actos da Biblioteca Pública Ánxel Casal.