Traballou durante os últimos catro meses na nave abandoada dunha conserveira, en Guixar, dándolle forma a un proxecto artístico que tivo o seu seguemento nun blog tan efémero, que mañá porá o seu punto final na rede coa inauguración da mostra na Sala Caixanova. Ramón Trigo, autor de obras como “As luces que se acenden e se apagan”, de FAKTORÍA K, e ilustrador de álbums como “O pirata Pata de Lata”, de KALANDRAKA, presenta “Transit”. O resultado desa experiencia abrirá as súas portas a partir das 20:00 horas e poderase visitar ata o 14 de febreiro.