Presentación de "Estrela do norte", de Luís Rei Núñez, en Pontevedra.

Presentación de "Estrela do norte", de Luís Rei Núñez, en Pontevedra.

"...Cada banco das prazas onde sermos narcisos.

Cada oasis prendido na alma de Pontevedra.

¡Esas cousas pequechas que fan un paraíso

de eternidade meiga!"

[Fragmento de 'Meu Pontevedra', do poemario "Estrela do norte", de Luís Rei Núñez (Faktoría K)]

Coa lectura dun fragmento de "Meu Pontevedra" comezou a presentación de "Estrela do norte", de Luís Rei Núñez, no Pazo de Mugartegui, na cidade do Lérez. O presidente do Ateneo de Pontevedra, Xaime Toxo, introduciu este serán poético-musical que contou coa coa participación de Luís Soto, da Real Filharmonía de Galicia, da escritora e membro da Real Academia Galega, Fina Casalderrey, que fiou un agarimoso percorrido pola traxectoria literaria do autor.

...Valdefornos, Mourente, Pontevedra, o Lérez e todos os ríos, o Pindo e todos os demais montes, Tambo e o resto das illas. Como "unha viaxe poética polo mundo" definiu Fina Casalderrey esta obra, chea de "poemas de verdade" que transportan os lectores "ata os abismos dos océanos". Porque Luís Rei Núñez "leva o mar tatuado na alma", como o poeta Neruda.

Ao artífice de "Estrela do norte" referiuse como "un cronista navegante que fai levedar paisaxes do mar, sempre na procura das palabras máis axeitadas". O resultado é unha "autobiografía das emocións" na que Luís Rei Núñez actuou como un "arquitecto da luz", coidando a estrutura dos poemas.

Uns poemas que Fina Casalderrey puxo á altura dos que construíu Manuel Álvarez Torneiro en "Os ángulos da brasa" (Premio Nacional de Poesía 2013). Uns versos capaces de facer que unha noite de mércores "se convirta en domingo"...

Presentación de "Estrela do norte", de Luís Rei Núñez, en Pontevedra.

Xaime Toxo, do Ateneo de Pontevedra.

[Benvida de Xaime Toxo]

Presentación de "Estrela do norte", de Luís Rei Núñez, en Pontevedra.

A escritora Fina Casalderrey, la Real Academia Galega.

[A escritora e académica da RAG, Fina Casalderrey]

Presentación de "Estrela do norte", de Luís Rei Núñez, en Pontevedra.

Presentación de "Estrela do norte", de Luís Rei Núñez, en Pontevedra.

O escritor Luís Rei Núñez, autor de "Estrela do norte" (Faktoría K).

Presentación de "Estrela do norte", de Luís Rei Núñez, en Pontevedra.

[O músico Luís Soto e o escritor Luís Rei Núñez]

Presentación de "Estrela do norte", de Luís Rei Núñez, en Pontevedra.

Luís Soto, frauta-frautín da Real Filharmonía de Galicia.

Presentación de "Estrela do norte", de Luís Rei Núñez, en Pontevedra.

Presentación de "Estrela do norte", de Luís Rei Núñez, en Pontevedra.

Presentación de "Estrela do norte", de Luís Rei Núñez, en Pontevedra.

Presentación de "Estrela do norte", de Luís Rei Núñez, en Pontevedra.

Luís Soto, Luís Rei Núñez, Fina Casalderrey e Xaime Toxo.

O escritor Luís Rei Núñez, autor de "Estrela do norte" (Faktoría K).

[Reportaxe de Delia Corujo sobre "Estrela do norte", no programa cultural Zig-Zag Diario da TVG]

Presentación OndeNunca-Estrela_Stgo_12xun14