"Rosalía de Castro, escolma poética", ilustración de Belén Padrón (Faktoría K).

24 de febreiro, 177 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro

"Tecín soia a miña tea,

sembrei soia o meu nabal,

soia vou por leña ó monte,

soia a vexo arder no lar..."

Fragmento de "Tecín soia a miña tea", de "Follas Novas".

Belén Padrón, ilustradora de "Rosalía de Castro, escolma poética" (Faktoría K).

Nesta xornada conmemorativa rematan os actos dedicados ao 150 aniversario de "Cantares Gallegos" que se prolongaron durante o 2013.

Lembramos as palabras da ilustradora Belén Padrón, nunha entrevista sobre o seu traballo plástico para a antoloxía "Rosalía de Castro, Escolma Poética", publicada na colección Trece Lúas de Faktoría K.

"A súa obra transmíteme sentimentos moi potentes, e penso que esa intensidade pode ser acompañada por imaxes que busquen esa mesma forza a través das cores e dos elementos decorativos. A autora detallaba cada estrofa con descricións dos obxetos e das paisaxes cotiás, dos estados de ánimo e das sensacións. Eu tratei de achegarme á súa realidade desde a miña propia perspectiva, deténdome en cada detalle das ilustracións coa intención de acompañar as súas palabras, facéndoas un pouco miñas".