"É un traballo que parte das fotografías de Isabel Leal e que se completa con cancións inspiradas nesas fotografías, nesa idea do corazón, e un documental fantástico de Paco Abelleira, que retrata ese proceso e faino moi sutilmente".

Uxía

"Tratar de descubrir o que non é obvio e que faltaba por descubrir. É un desafío. É algo simbólico".

Isabel Leal

"Estamos xente do teatro, do teatro de títeres, xente da música que está crecendo con isto, xente nova que está facendo música en Galicia e tendo un certo protagonismo, que van ser quen máis adiante -con esa voz quente que van adquirindo co tempo- sexan os que van representar a cultura galega por aí adiante".

Tatán Cunha

"Kalandraka fai unha edición que sube o nivel do contido, unha edición que valoriza o que nós fixemos".

Paco Abelleira

"Hai cancións espléndidas, non só as clásicas, tamén a marabillosa versión de Luanda do "Desafinado" de Jobim, as composicións de Magín ou Najla feitas para este proxecto. E esa combinación entre cantores profesionais e non profesionais. Pero moi ben gravado, moi ben editado. E a química que existe entre as voces. Eu estou orgullosísimo do resultado do proxecto".

Carlos Blanco

Na presentación de CORASONS, celebrada na Casa das Crechas de Santiago. Con Uxía, Carlos Blanco, Isabel Leal, Paco Abelleira e o director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros.

"Nunca unha operación de varices deu para tanto!"

...O humor de Carlos Blanco...

Quentando as voces para o concerto deste domingo día 15 ás 20:00 horas no Auditorio da Illa de Arousa.

No tempo que eu era só

E não tinha amor nenhum,

Meu coração

Batia mansinho:

Tum tum tum...

A mostra das fotos de CORASONS, realizadas por Isabel Leal, permanecerá na Casa das Crechas de Santiago durante o mes de decembro. Imaxes poéticas que volven a espazo onde se expuxeron por primeira vez hai un ano.