III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado (organizan Concello de Santiago-Dpto. Educación e KALANDRAKA)

O Departamento de EDUCACIÓN do CONCELLO DE SANTIAGO e KALANDRAKA convocan o III Premio Internacional ‘COMPOSTELA’ para Álbums Ilustrados, cunha dotación económica de 12.000 euros en concepto de adianto polos dereitos de autor. O prazo de presentación dos traballos rematará o 26 de febreiro de 2010 e o fallo do xurado darase a coñecer o 2 de abril, coincidindo co Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, e no marco das actividades da X Campaña de Animación á Lectura que organizan o CONCELLO DE SANTIAGO e KALANDRAKA.

-------------------------------

El Departamento de EDUCACIÓN del AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO y KALANDRAKA convocan el III Premio Internacional ‘COMPOSTELA’ para Álbumes Ilustrados, con una dotación económica de 12.000 euros en concepto de adelanto por los derechos de autor. El plazo de presentación de los trabajos finalizará el 26 de febrero de 2010 y el fallo del jurado se dará a conocer el 2 de abril, coincidiendo con el Día Internacional del Libro Infantil y Juvenil, y en el marco de las actividades de la X Campaña de Animación a la Lectura que organizan el AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO y KALANDRAKA.

O director de KALANDRAKA, Xosé Ballesteros, a concelleira de Educación, Mercedes Rosón, e o técnico de Educación do Concello de Santiago, Xosé Manuel Rodríguez-Abella, na presentación da terceira convocatoria do certame 

O Premio Compostela está dirixido a autores e ilustradores de calquera nacionalidade que presenten obras orixinais e inéditas. As persoas interesadas en presentarse ao certame deberán enviar cinco copias do texto en calquera das linguas oficiais da Península Ibérica, tres ilustracións orixinais e cinco fotocopias en color de cada unha delas, xunto cunha maqueta impresa de todo o proxecto. O material, asinado baixo lema ou seudónimo, enviarase ao Rexistro Xeral do Concello de Santiago.

KALANDRAKA publicará a obra premiada nas cinco linguas oficiais peninsulares -galego, castelán, catalán, éuscaro e portugués- en outubro de 2010. O xurado estará formado por persoas de recoñecido prestixio na área da literatura e da ilustración infantil. As condicións de participación pódense consultar nas páxinas web de KALANDRAKA (beta.kalandraka.com) e do CONCELLO DE SANTIAGO (www.santiagodecompostela.org).

 Discurso de Natalia Colombo no acto de entrega do I Premio Compostela

A gañadora da primeira edición do Premio Compostela -á que se presentaron 335 traballos de varios países- foi a arxentina Natalia Colombo, autora e ilustradora do álbum titulado “Cerca”. Na convocatoria de 2009 -á que optaban 280 aspirantes- o mexicano Felipe Ugalde recibiu o galardón por “Un gran soño”. KALANDRAKA editou ámbolos títulos en galego, castelán, catalán, éuscaro, portugués, inglés e italiano, cunha tiraxe conxunta de 20.000 exemplares de cada obra.

A convocatoria deste certame internacional encádrase no marco da CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA que o CONCELLO DE SANTIAGO e KALANDRAKA organizan anualmente no mes de abril, e que en 2010 acadará a súa décima edición. As actividades programadas -sesións de contos e música, obradoiros de ilustración e de escrita creativa, actos nas librarías da cidade, charlas para docentes e familias- chegan a máis de 5.000 escolares da bisbarra compostelá.

----------------------------------------------------

El Premio Compostela está dirigido a autores e ilustradores de cualquier nacionalidad que presenten obras originales e inéditas. Las personas interesadas en presentarse al certamen deberán enviar cinco copias del texto en cualquiera de las lenguas oficiales de la Península Ibérica, tres ilustraciones originales y cinco fotocopias en color de cada una de ellas, junto con una maqueta impresa del proyecto. El material, firmado bajo lema o pseudónimo, se enviará al Registro General del Ayuntamiento de Santiago.

KALANDRAKA publicará la obra premiada en las cinco lenguas oficiales peninsulares -gallego, castellano, catalán, euskera y portugués- en octubre de 2010. El jurado estará formado por personas de reconocido prestigio en el ámbito de la literatura y la ilustración infantil. Las condiciones de participación se pueden consultar en las páginas web de KALANDRAKA (beta.kalandraka.com) y del AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO (www.santiagodecompostela.org).

Felipe Ugalde, con autoridades do Concello de Santiago, membros do xurado e representantes de Kalandraka

La ganadora de la primera edición -a la que se presentaron 335 trabajos de varios países- fue la argentina Natalia Colombo, autora e ilustradora del álbum titulado “Cerca”. En la convocatoria de 2009 -a la que optaban 280 aspirantes- el mexicano Felipe Ugalde recibió el galardón por “Un gran sueño”. KALANDRAKA editó ambos títulos en gallego, castellano, catalán, euskera, portugués, inglés e italiano, con una tirada conjunta de 20.000 ejemplares de cada obra.

La convocatoria de este certamen internacional se encuadra en el marco de la CAMPAÑA DE ANIMACIÓN A LA LECTURA que el AYUNTAMIENTO DE SANTIAGO y KALANDRAKA organizan anualmente en el mes de abril, y que en 2010 alcanzará su décima edición. Las actividades programadas -sesiones de cuentos y música, talleres de ilustración y escrita creativa, actos en las librerías de la ciudad, charlas para docentes y familias- llegan a más de 5.000 escolares de la comarca compostelana.

BASES (EN CASTELLANO)

BASES (EN GALEGO)

REGULAMENTO (EM PORTUGUÉS)

RULES (IN ENGLISH)