A banda de "Tic Tac" ofreceu o seu primeiro concerto en Vigo

Pablo Díaz coa harmónica, o clarinete e a súa voz interpretou en Vigo os temas do novo libro-disco “Tic Tac”. Completaron a banda Diego Barral coa guitarra e o bouzuqui, Alex Fente no acordeón, Antón Díaz co baixo e o contrabaixo eléctrico, Carliños Freire na percusión e Olga Kirk nos coros. Unha tarde fría de inverno, pingueiras e charcos na rúa... mais o ritmo da música e a fantasía colorida que desprenden as páxinas desta obra lograron quecer os corazóns de cativos e grandes neste tempo de Nadal.

 

A banda de "Tic Tac", de concerto en Vigo

A banda de "Tic tac" ofreceu o seu primeiro concerto en Vigo

A banda de "Tic Tac"

Álex Fente e Diego Barral, no concerto de "Tic Tac"

Pablo Díaz, intérprete e compositor de "Tic Tac"