Libros para Soñar xa está dando os seus primeiros pasos na cidade da Coruña. A festa de inauguración foi todo un éxito de público que impregnou a libraría de ledicia, de optimismo, e de agarimo. Familias, docentes, profesionais das bibliotecas, autores e ilustradores, entusiastas da lectura... a todos, moitas grazas por ser partícipes desta iniciativa audaz, nos tempos de incertidume que corren, pero necesaria, para apostar polo futuro, que son os nenos e as nenas, e pola cultura, co libro e coa lectura como ferramentas para contribuir á construcción dun mundo mellor.

Lee mas »