Sendak, Maurice

Sendak, Maurice

(Brooklyn, Nova York, 1928 - Connecticut, 2012)

Dende 1951 produciu máis de 90 libros infantís, unha traxectoria que o levou a recibir en 1970 o Premio Andersen e o Premio Laura Ingalls Wilder en 1983. En 1996 o Goberno dos Estados Unidos entregoulle a Medalla Nacional das Artes e en 2003 concedéronlle o Premio Internacional Astrid Lindgren de Literatura Infantil, xunto coa autora austriaca Christine Nöstlinger. Fillo de inmigrantes xudeus de orixe polaca, Sendak estudou pintura e debuxo no Art Students League de Nova York. Conseguiu o seu primeiro emprego como ilustrador para All America Comics e en 1951 comezou a traballar como ilustrador para a editorial Harper and Brothers. Impulsou unha auténtica revolución no panorama literario infantil polas ideas, a forma e o contido dos seus libros. A crítica especializada calificábao como “un dos homes máis influíntes dos Estados Unidos, porque darlle forma á fantasía de millóns de nenos é unha terrible responsabilidade”.

https://www.sendakfoundation.org

13 artículos

Fijar Dirección Ascendente
por página