Onde viven os monstros
Castigado sen cear polas súas trasnadas, Max emprende unha viaxe simbólica dende o seu cuarto ata un lugar fantástico, atravesando un tempo/espazo mítico e enfrontándose aos seus medos. Alí chegará a converterse no Rei dos monstros. Esta obra está considerada o álbum ilustrado perfecto.
Publicado por primeira vez en 1963, «Onde viven os monstros» suscitou certa polémica polo seu tratamento nada exemplarizante dos nenos, pero chegou a ser un clásico da LIX e un referente imprescindible. Está traducido a numerosas linguas e ademais é unha das obras máis vendidas de todos os tempos. Castigado sen cear polas súas trasnadas, Max emprende unha viaxe simbólica dende o seu cuarto ata un lugar fantástico, atravesando un tempo/espazo mítico e enfrontándose aos seus medos. Tras converterse no rei duns monstros tan feroces coma entrañables, retorna ao punto de partida, onde lle agarda a cea. Unha travesía de ida e volta, dende a realidade á ficción, sen que nada nin ninguén explique se esa metamorfose foi produto dun soño.
«Onde viven os monstros» é un exemplo de álbum ilustrado pola súa perfecta conxunción entre palabra e imaxe; unha historia poética e sinxela, contada con humor, total economía expresiva e absoluta harmonía entre texto e ilustracións. Todo se conxuga neste libro, pensado artisticamente ata o máis mínimo detalle: o xogo coa diagramación, o formato, a atmosfera case máxica que desprende cada páxina, a tensión argumental e a combinación de palabras, sons e repeticións.
Así, o tamaño das ilustracións vai in crescendo a medida que o protagonista se interna no mundo onírico; as imaxes ocuparán a totalidade da páxina cando a historia acade o seu clímax e irán diminuíndo en envergadura cando Max vaia regresando ao plano da realidade.

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 48
Tamaño: 25,5 x 23
ISBN: 978-84-8464-859-8
Premios : CALDECOTT HONOR BOOK - 1964
PREMIO ANDERSEN - 1970
BOSTON GLOBE-HORN AWARD - 1981
NEW YORK TIMES BEST ILLUSTRATED BOOK
ALA NOTABLE CHILDREN’S BOOK