Osos
Un clásico con ritmo e rima para a hora de durmir. Unha travesura canina convértese nunha divertida persecución rodeada de osos moi expresivos.
Publicada orixinalmente en 1948 con imaxes de Phyllis Rowand, Ruth Krauss creou unha breve e divertida historia con moi poucas palabras e onomatopeas. En 2005 volveuse editar con ilustracións de Maurice Sendak, que converteu os seus osos nunha manda de animais brincadeiros, protagonizando unha trepidante comedia canda un neno vestido cun traxe de lobo, como o Max de “Onde viven os monstros”. Coma noutras obras de Sendak, todo comeza á hora de durmir cando, nun ataque de ciumes, un cadelo arrebátalle ao rapaz o seu oso de peluche. Na súa fuxida, é perseguido por un fato de enormes osos, que lle van saíndo ao encontro en lugares e situacións tan atípicas como sorprendentes, ata un inesperado final. A tradución conserva a feitura rimada do texto primitivo.
Entre os anos 50 e 60, Ruth Krauss e Maurice Sendak innovaron o xénero do álbum ilustrado, con propostas tan novidosas daquela como “A hole is to dig” ou “A very special house”. Ruth Krauss era unha escritora recoñecida, con libros pequenos, asequibles e enxeñosos. Podía converter un xogo de palabras nunha investigación filosófica de causa-efecto, mantendo o equilibro. Artista do nonsense, as súas obras dábanlle voz ao público infantil sen parecer estoxadizas. Sendak e mais ela formaron un fecundo tándem creativo, elaborando historias con imaxes de liñas áxiles e acuarelas expresivas. Inspiráronse e medraron mutuamente a nivel literario e artístico: como acontece coa arte revolucionaria, os seus libros chegan aos nosos días con toda a súa frescura.

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 32
Tamaño: 22,5 x 18,7
ISBN: 978-84-8464-895-6
Premios : 100 TÍTULOS PARA LER E COMPARTIR (Biblioteca Pública de Nova York)
SCHOOL LIBRARY JOURNAL BEST BOOK