Sopa de polo con arroz

Sendak, Maurice Traducción: Xosé Ballesteros

De xaneiro a decembro, un divertido (e saboroso) poema ilustrado por cada mes do ano: dende patinar no xeo ata viaxar polo mundo, pasando por converterse en árbore de Nadal. Boa e proveitosa lectura!

“Sopa de polo con arroz, libro dos meses” e “Miguel, conto exemplar en cinco capítulos e un prólogo” son as divertidas versións de Xosé Ballesteros para unha destacada serie de clásicos de Maurice Sendak, de 1962, da que tamén forman parte “Os caimáns van de paseo, un alfabeto” e “O un era Xoán, un libro para contar”. Dende patinar sobre xeo en xaneiro ata converterse en árbore de Nadal en decembro, pasando polos ventos de marzo, os calores de agosto ou viaxar polo mundo o resto do ano, “Sopa de polo con arroz” é un singular almanaque cun poema para cada mes. Os seus saborosos versos alimentan a imaxinación e revitalizan o sentido do humor.

Impertinente, maleducado e rebelde, os pais de Miguel non atopan explicación ao arisco comportamento do neno. Nin sequera logra facerlle cambiar de actitude un león famento que chega á súa casa advertíndolle da súa intención de comelo. O incauto león non sospeitaba que indixestos poden chegar a ser os nenos tan insolentes como o que protagoniza “Miguel, conto exemplar”.

Simpáticas e expresivas, cunha reducida gama de cores, as imaxes acentúan as cualidades dos personaxes e o carácter lúdico das obras. Enxeñosa e irreverente, esta colección foi distinguida pola Asociación de Bibliotecas Americanas e o propio autor fixo unha adaptación para o musical Really Rosie de 1975, interpretado por Carole King.
Leer más
Leer menos
10,00 €