A amiga de osiño
Quen ten un amigo, ten un tesouro. Osiño comparte paseos, conversas e celebracións coa pequena Emilia ata que o final do verán trunca os seus encontros, pero non a súa amizade, que continuará na distancia.
A finais dos anos 50 do século pasado, Else Holmelund Minarik e Maurice Sendak comezaron a publicar os títulos dunha serie que, case seis décadas despois, segue conservando o encanto e a tenrura dos contos de antano, reforzados polo estilo dos antigos gravados, aderezados con suaves pátinas de cor. “A amiga de Osiño” conta a ilusión que experimenta este entrañable personaxe humanizado ao coñecer a Emilia, coa quen comparte paseos, charlas e festas xunto con outros habitantes do bosque, ata o momento de tristeza no que teñen que separarse ao final do verán.
O valor da amizade, descubrir gustos comúns, establecer unha complicidade mutua e axudarse ante as dificultades son parte das vivencias que recolle esta obra, cun estilo sinxelo e lúdico.
Así, os novos amigos prometen reencontrarse ao verán seguinte, mentres os autores do libro fannos partícipes do gran momento no que Osiño é quen de comezar a trazar as súas primeiras letras, estreando un agasallo moi especial.

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 64
Tamaño: 15 x 23
ISBN: 978-84-8464-945-8