O un era Xoán. Un libro para contar
Contando e rimando do un ao dez van sumándose personaxes e acontecementos a este singular libro dos números; tamén en orde inversa para que o protagonista poida seguir lendo o seu libro.
Estes clásicos de Maurice Sendak, de 1962, chegan aos nosos días con toda a frescura e o humor. “Os caimáns van de paseo” é un sorprendente alfabeto protagonizado por unha familia de crocodilos que, a través de situacións moi diversas, vannos descubrindo as letras. De paseo, disfrazados, cociñando ou xogando, cada estrofa rimada comeza sucesivamente polo A, o B, o C… describindo a escena representada en cada páxina. “O un era Xoán” presenta un neno absorto na lectura dun libro, ata que se sobresalta coa repentina chegada de varios animais e con inesperados acontecementos que interrompen bruscamente a súa soidade. El é o primeiro dunha cadea que, ata o número 10, suma o rato, o gato, o can e outros personaxes rebuldeiros. Trala enumeración en sentido ascendente, Xoán decide recobrar a tranquilidade e, un a un, vainos despedindo en orde inversa.
Divertidas e expresivas, cunha reducida paleta de cores, as imaxes poñen o foco nos xestos e actitudes dos personaxes. Xunto con “O un era Xoán, un libro para contar” e “Os caimáns van de paseo, un alfabeto” a serie segue con “Miguel, conto exemplar en cinco capítulos e un prólogo” e “Sopa de polo con arroz, libro dos meses”. Enxeñosa e irreverente, foi distinguida pola Asociación de Bibliotecas Americanas e o propio autor fixo unha adaptación para o musical Really Rosie de 1975, interpretado por Carole King.

Otros idiomas:
Colección: Clásicos contemporáneos
Edad recomendada: A partir de 3 años
Páginas: 48
Tamaño: 12,7 x 17,7
ISBN: 978-84-8464-301-2