A visita de osiño
Que mellores contos que os dos avós, que mellores ensinanzas que as súas! Por iso a Osiño lle gusta tanto visitar a Avoa e Avó Oso. Complicidade e tenrura a manchea neste fermoso libro de relatos breves.
		“A visita de Osiño” narra o día no que o pequeno protagonista desta serie vai ver a Avoa e Avó Oso, con quen goza moito escoitando as súas historias. O ton coloquial e a espontaneidade dos diálogos, a inocencia e os bos modais por parte de Osiño, xunto coa complicidade dos avós, son aspectos esenciais no texto, que transmite ternura e empatía. Os contos que Avoa e Avó Oso lle contan a Osiño preséntanse como relatos independentes, que se suman ao capítulo de introdución e ao simpático desenlace da visita. A habilidade narrativa de Else Holmelund Minarik permite facer unha lectura global do libro, no que se plantexan cuestións como a liberdade ou a superación dos medos, ademais de poñer en valor a relación entre avós e netos, o diálogo mutuo e a transmisión de coñecementos e de afectos. 
As ilustracións de Maurice Sendak -inspiradas nos antigos gravados- están ambientadas nun contexto decimonónico, con indumentarias e escenarios que reflicten o seu clasicismo. Son imaxes realistas, con personaxes humanizados e suaves tintes de cor que achegan dozura e harmonía.
	
	
	As ilustracións de Maurice Sendak -inspiradas nos antigos gravados- están ambientadas nun contexto decimonónico, con indumentarias e escenarios que reflicten o seu clasicismo. Son imaxes realistas, con personaxes humanizados e suaves tintes de cor que achegan dozura e harmonía.
Otros idiomas:
                            Colección: Clásicos contemporáneos
                                        Edad recomendada: A partir de 3 años   
                                        Páginas: 64
                                        Tamaño: 15 x 23
                                        ISBN: 978-84-8464-874-1
                    
        
                                         Premios : ALA NOTABLE CHILDREN’S BOOK
CALDECOTT HONOR BOOK
HORN BOOK FANFARE
                    
     
 
         




