Osiño

Holmelund Minarik, Else Sendak, Maurice Traducción: Sandra e Óscar Senra Gómez

O primeiro título dunha serie protagonizada por unha entrañable familia de osos. Relatos breves que nos atraparán pola súa tenrura e cercanía, ilustrados coa mestría de Sendak, ao xeito dos antigos gravados.

“Osiño” é o primeiro título dunha serie formada por seis volumes protagonizados por unha familia de osos moi coñecida por lectores de todo o mundo, xa que publicáronse millóns de exemplares das súas historias, que en 1995 foron adaptadas para a televisión. Esta obra data de 1957 e está formada por catro relatos breves sobre aspectos da vida cotiá destes animais humanizados cheos de simpatía e de encanto. Mamá Osa, sempre atenta a Osiño, abrígao do frío, sorpréndeo cunha torta polo seu cumpreanos, faille broma cando se empeña en ir á lúa e cóntalle un conto moi especial antes de durmir.

Son relatos sinxelos de estrutura dialogada, acaídos para ser lidos e tamén contados, porque invitan á participación do público infantil con rimas, frases y fórmulas que se poden repetir.

Maurice Sendak ilustrou os cinco primeiros títulos da serie “Osiño” cun estilo inspirado nos gravados antigos, a tres ou a catro tintas. Os seus personaxes expresivos, representacións do fogar e escenas imaxinarias, transmiten tenrura e cercanía.
Leer más
Leer menos
13,00 €